Ducado de Alba de Tormes
O Ducado de Alba de Tormes, comunmente denominado ducado de Alba a secas, é un título nobiliario hereditario que o rei Henrique IV de Castela outorgou, en 1472, a García Álvarez de Toledo y Carrillo de Toledo, II conde de Alba de Tormes, ao converter o seu condado de Alba de Tormes nun ducado, que hoxe en día, e dende hai máis de cincocentos anos, é un dos principais e máis tradicionais títulos do Reino de España e o que lle dá nome á Casa de Alba, como propietaria deste, constituíndo a liñaxe familiar máis importante de España en soleira, avoengo e relevancia histórica.
Ducado de Alba de Tormes | |
---|---|
Primeiro titular | García Álvarez de Toledo y Carrillo de Toledo |
Concesión | Henrique IV de Castela 1472 |
Liñaxes | Casa de Álvarez de Toledo Casa de Silva Casa de Fitz-James Stuart |
Actual titular | Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo |
Historia
editarEn 1429, Xoán II de Castela outorgou a vila de Alba de Tormes e o título de señor desta vila ao bispo Gutierre Álvarez de Toledo. Ao morrer este sen deixar descendencia, o señorío pasou ás mans do seu sobriño Fernando Álvarez de Toledo y Sarmiento, IV señor de Valdecorneja, a quen o propio Xoán II nomeou en 1438 I conde de Alba de Tormes, polos servizos prestados á coroa.
En 1472, Henrique IV de Castela, elevou o condado a ducado na persoa de García Álvarez de Toledo y Carrillo de Toledo, sendo este o I duque de Alba de Tormes.
Posteriormente, os Reis Católicos outorgaron a capitanía xeneral dos seus exércitos ao II duque de Alba, Fadrique Álvarez de Toledo y Enríquez.
En 1520 o rei Carlos I de España incluíu aos duques de Alba de Tormes entre os vinte e cinco primeiros Grandes de España.
Familias
editarNo ducado sucedéronse tres familias:
- A primeira foi a Casa de Alba orixinal ou casa de Toledo, que durou case tres séculos, ao longo dos cales se sucederon once duques e que se prolongou dende a súa creación ata a súa extinción en 1755 a causa da morte de María Teresa Álvarez de Toledo y Haro, o XI titular e primeira muller en ostentar o ducado. Aos representantes desta primeira Casa, que foi a que se perpetuou por máis tempo, coñéceselles co nome de Albas maiores debido a que os seus duques tiveron unha moi destacada actuación na historia da Monarquía Hispánica sendo a máis tradicional das tres.
- A segunda ou casa de Silva, foi a que se prolongou unicamente por algo menos de medio século durante o cal a herdaron dous duques, que comezou con Fernando de Silva y Álvarez de Toledo -o fillo da XI duquesa- e se estendeu ata 1802, ano do falecemento sen descendencia directa de María Teresa de Silva Álvarez de Toledo, o XIII xefe da liñaxe e a segunda muller que ostentou o título ducal. Foi a casa que menos duración temporal e menos titulares tivo e continuou fortemente vinculada á familia orixinaria dos Álvarez de Toledo.
- A terceira ou casa de Fitz-James Stuart, é a que se estendeu por algo máis de dúas centurias e que se iniciou cun descendente do fillo bastardo do rei Xacobe II de Inglaterra, primo segundo da XIII duquesa, e que continúa ata a actualidade.
Lista de duques de Alba
editarSeñores de Alba de Tormes (1430-1439)
editar- Gutierre Álvarez de Toledo, I señor de Alba de Tormes. Tamén bispo de Palencia e arcebispo de Sevilla e primado de Toledo, (1376-1446).
- Fernando Álvarez de Toledo y Sarmiento, II señor de Alba de Tormes, (1390-1464).
Condes de Alba de Tormes (1439-1472)
editar- Fernando Álvarez de Toledo y Sarmiento, I conde de Alba de Tormes, (1390-1464).
- García Álvarez de Toledo y Carrillo de Toledo, II conde de Alba de Tormes, (?-1488).
Duques de Alba de Tormes (dende 1472)
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Luengo O., Gonzalo A., 2006, Árbol Genealógico de parte de la nobleza europea, onde se atopa o árbol xenealóxico completo dos duques de Alba, dende o século XI. (en castelán)
- Historia do Gran Duque de Alba, resumo con datas e a relevancia da súa figura histórica. (en castelán)
- Fontes documentais (en castelán)