Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel
Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel, nado en Piedrahíta o 29 de outubro de 1507 e finado en Lisboa o 11 de decembro de 1582, foi un militar e político castelán, terceiro duque de Alba de Tormes.
Traxectoria
editarEn tanto militar, político e diplomático, desenvolveu a súa actividade en varios campos e frontes.
Contra a Liga de Esmalcalda
editarEntre 1546 e 1547 participou nas campañas do emperador Carlos V contra os protestantes alemáns da Liga de Esmalcalda, na guerra de Esmalcalda.[1]
Contra Paulo IV e a revolta de Flandres
editarDurante o reinado de Filipe II dirixiu a guerra contra o papa Paulo IV en Italia e foi enviado aos Países Baixos españois en 1567 para sufocar a revolta protestante. Como rexedor deste territorio desenvolveu unha política de extorsión con impostos excesivos e unha represión sanguenta con máis de mil condenados a morte pola Corte de Disturbios que aumentou o descontento popular con 60.000 exiliados,[2] polo que en 1573 foi deposto.[3]
Rehabilitación e campaña de Portugal
editarEn 1580 dirixiu o exército que ocupaba Portugal, tras a derrota e morte de Sebastián I de Portugal na batalla de Kasr al-Kabir.[4]
O duque de Alba foi rehabilitado en 1580, cando Filipe II, que reclamaba o trono de Portugal, vacante dende a morte do seu tío, o Cardeal-Rei D. Henrique, precisaba dos seus servizos. Coa morte de D. Henrique sen descendencia, desatouse a crise sucesoria de 1580, aparecendo Filipe II dos Habsburgo como o pretendente preferido ao trono da nobreza portuguesa. Porén, o pobo, e algúns nobres e clérigos, apoiaron a D. António, o Prior do Crato, que se alzou como rei en Santarém e foi formalmente aclamado e coroado en Lisboa o 24 de xullo de 1580. Nese contexto, os servizos do Duque foron requiridos para neutralizar militarmente as forzas asignadas a D. António. O experimentado duque de Alba entrou en Portugal en xullo de 1580 e destruíu rapidamente o exército portugués comandado por Diogo de Meneses (gobernador do Estado da India), quen foi degolado. Caendo sobre Lisboa, enfrontouse ás últimas forzas antoninas gañando a Batalla de Alcântara, abrindo o camiño para a entrada triunfal de Filipe II de España e I de Portugal no seu novo reino.
En sinal de recoñecemento, o rei deulle o título de Condestável de Portugal.
Notas
editar- ↑ Comentario de la Guerra de Alemania hecha por Carlos V, máximo emperador romano, rey de España, en el año de 1546 y 1547 (en castelán). 1548.
- ↑ Uitgeverij Van Wijnen, Jonathan Irvine (1995). De Republiek 1477-1806 (en neerlandés) (5ª ed.). p. 170-174. ISBN 9051942214.
- ↑ MATA, Jordi. «No s'ho mereixen». Sàpiens [Barcelona], núm. 32, xuño de 2005, p. 42-47. (en catalán) ISSN 1695-2014
- ↑ (en castelán) Fra Luis Nieto, Relación de las guerras de Berberia, y del suceso y muerte del Rey Don Sebastian, recopilada a la Col·lecció de documents inèdits per la història d'Espanya, vol. 100, p. 411-458.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel |
Bibliografía
editar- Fernández Álvares, Manuel (2007). El duque de hierro: Fernando Álvarez de Toledo, III de Alba (en castelán). Espasa Calpe. ISBN 978-84-670-2625-2.
- Kamen, Henry (2007). El gran duque de Alba (en castelán) (4ª edición ed.). La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-220-9.
- Maltby, William S. (2007). El gran duque de Alba (en castelán) (2ª edición ed.). Ediciones Atalanta. ISBN 978-84-935313-8-6.