Alba de Tormes
Alba de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Alba de Tormes é tamén o nome do seu principal núcleo de poboación. En 2012 tiña 5382 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Salamanca | ||||
Capital de | |||||
Capital | Alba de Tormes | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.058 (2023) (108,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 46,47 km² | ||||
Altitude | 836 m | ||||
Comparte fronteira con | Encinas de Arriba (pt) Garcihernández Aldeaseca de Alba Navales (pt) Villagonzalo de Tormes (pt) Valdemierque (pt) Terradillos (pt) Martinamor (pt) Éjeme | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Concepción Miguélez Simón | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37800 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 37008 | ||||
Páxina web | villaalbadetormes.com |
De pouco máis de 3000 habitantes en 1900, a súa poboación foi aumentando durante a maior parte do século XX. A finais de 2005 contaba cunha poboación de 4953 habitantes, 2.457 homes e 2.496 mulleres, nunha superficie de 46,51 km². A súa altitude é de 830 m sobre o nivel do mar.
Limita: ao norte co municipio de Garcihernández, ao leste co municipio de Aldeaseca de Alba, ao sueste con Navales, ao sur con Encinas de Arriba, ao suroeste co municipio de Martinamor, e ao oeste con Terradillos.
A súa economía baséase en cereais, remolacha azucreira, garavanzos e patacas. Cultivo de regadío e de secaño.
Historia
editarAlba de Tormes é un municipio histórico. Contén a vila do mesmo nome, que conforma o Ducado de Alba de Tormes, antigo condado e señorío. Ademais neste concello está o sepulcro de Santa Tareixa de Xesús, onde se conserva o seu corpo incorrupto.
Monumentos
editar- Basílica (S. XIX): Templo inacabado de estilo. Foi concibida para albergar os restos da Santa e acoller os miles de peregrinos que ían visitalos. Cabe tamén destacar as 8 capelas laterais.
- Castelo dos Duques de Alba: Comezouse a construír sobre 1430, e concluíuse no século XVI, sendo desde o momento da súa construción residencia dos Duques de Alba. A sobriedade dos severos muros da antiga Torre da Homenaxe contrasta coa grandeza do seu interior, onde a Sala da Armería mostra excepcionais frescos renacentistas realizados polo italiano Cristóbal Passini. A sala baixa alberga unha interesante exposición dos restos arqueolóxicos encontrados nas escavacións realizadas no propio castelo en 1993.
- Ermida da virxe de Otero.
- Ponte do río Tormes.
- Igrexa MM Beneditinas.
- Colexio - Seminario San Xerome: É un mosteiro que pertenceu aos Premostratense e que despois pasou aos Xerónimos, e de aí lle ven o seu nome. Na actualidade é un colexio dos Padres Reparadores[1].
- Igrexa de Santiago: É a máis antiga de Alba. Foi albergue de peregrinos. Mestura o mourisco e o románico, combinando ladrillo e pedra.
- Igrexa de San Juan de la Cruz: Primeiro templo do mundo dedicado ao santo carmelitano.
- Igrexa de San Xoán: Foi construída a finais século XII e principios do XIII. É de estilo Románico-mudéxar e declarada Monumento Nacional. Alberga no seu interior pezas extraordinarias encadradas dentro dos máis variados estilos, entre as que se encontra o Apostolado románico-bizantino de pedra areisca policromada.
- Igrexa de San Pedro: Portada gótica que perdura despois dun incendio que destruíu por completo o templo. É a sede parroquial de Alba.
Festas
editar- 5 de febreiro.
- 25 - 27 de agosto: Festa da Transverberación de Santa Tareixa ou Festas de verán.
- 14 - 22 de outubro: Festas Patronais en honor de Santa Tareixa.
Galería de imaxes
editar-
Torre da Homenaxe do Castelo dos Duques de Alba.
-
Igrexa de San Juan de la Cruz.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Deputación de Salamanca: Índice de municipios Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- Banda de Música de Alba de Tormes
- [1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alba de Tormes |