Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo
Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, nado en Madrid o 2 de outubro de 1948, é un aristócrata español, XIX Duque de Alba de Tormes, fillo de Cayetana Fitz-James Stuart e de Luis Martínez de Irujo y Artázcoz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1948 (76 anos) Madrid, España |
Residencia | Palacio de Liria |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Membro de | |
Outro | |
Título | Duque de Alba de Tormes Duque de Berwick (pt) Marquess of Heliche (en) Marqués del Carpio (en) Conde-duque de Olivares (pt) Count of Modica (en) |
Familia | House of FitzJames (en) |
Cónxuxe | Matilde Solís y Martínez Campos (1988–2000), divorcio |
Fillos | Fernando Juan Fitz-James Stuart y Solís, Carlos Fitz-James Stuart, 22nd Count of Osorno |
Pais | Luis Martínez de Irujo e Cayetana Fitz-James Stuart |
Irmáns | Eugenia Martínez de Irujo, 12th Duchess of Montoro Alfonso Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, 16th Duke of Aliaga Fernando Martínez de Irujo, 12th Marquis of San Vicente del Barco Jacobo Siruela |
Premios | |
Vida e familia
editarCarlos naceu nunha das familias máis selleiras da aristocracia española, a Casa de Alba, primoxénito da XVIII duquesa de Alba de Tormes Cayetana Fitz-James Stuart e de Luis Martínez de Irujo y Artázcoz, fillo dos duques de Sotomayor e marqueses de Casa Irujo. Desde 1954 ostentou o título de XIV Duque de Huéscar, coma sucesor da Casa de Alba. Cambiou a orde dos seus apelidos, o mesmo co seu irmán Jacobo, polo que pasou a apelidarse Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo en troques de Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart. Licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Despois converteuse en presidente da Fundación Hispania Nostra.
O 18 de xuño de 1988 contraeu matrimonio no Altar Maior da Catedral de Sevilla con Matilde de Solís-Beaumont y Martínez de Campos, filla de Fernando Solís-Beaumont y Atienza, X marqués de la Motilla, e da súa esposa, Isabel Martínez de Campos y Rodríguez-Garzón (filla dos duques de La Seu d'Urgell), con quen tivo dous fillos:
Este matrimonio foi declarado nulo.[1]
Desde o falecemento da súa nai, o 20 de novembro de 2014, foi Duque de Alba de Tormes in pectore, título que lle foi recoñecido (coa correspondente Grandeza de España, en adiante GE) por Orde publicada no BOE de 16 de xuño de 2015, xunto aos títulos de Conde de Lemos (GE), Conde de Lerín (e Condestable de Navarra, tamén con GE), Conde de Miranda del Castañar (GE), Conde de Monterrey (GE), Conde de Osorno (GE), Duque de Berwick (GE), Duque de Liria y Jérica (GE) e Marqués del Carpio (GE)[2][3].
Na súa xuventude, e despois, cara a 2006, o duque de Huéscar foi parella da millonaria empresaria Alicia Koplowitz, marquesa de Bellavista.[4]
É titular do Condado de Ribadeo desde o 2013, pola distribución de títulos feita pola súa nai entre os fillos[5].
Distincións e condecoracións
editar- Académico numerario na Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla)[6].
- Cabaleiro Gran Cruz de Justicia da Sagrada Orden Militar Constantiniana de San Jorge (Vice-gran Prefecto de 1970 a 1990).[7]
- Cabaleiro da Insigne y Real Orden de San Jenaro.[8]
- Cabaleiro da Real Maestranza de Sevilla.
- Patrono da Fundación Focus-Abengoa (15 de novembro de 2004).
- Patrono da Fundación Casa de Alba.
Antepasados
editarPredecesor: María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva |
Sucesor: No cargo |
Véxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ "«Mujer hoy corazón»". abc (en castelán). 2006-11-03. Consultado o 2021-05-07.
- ↑ BOE número 143, de 16-6-2015.
- ↑ Artigo "Carlos Fitz-James Stuart ya es oficialmente el nuevo duque de Alba", publicado no xornal El Mundo, de 17-6-2015.
- ↑ No 2011, foi padriño de boda da súa nai no seu terceiro matrimonio, con Alfonso Díez Carabantes.Alicia Koplowitz y el duque de Huéscar, una relación de dos años Arquivado 15 de novembro de 2006 en Wayback Machine., diario El País, 15 de outubro de 2006
- ↑ BOE número 31, de 5-2-2013
- ↑ "El nuevo duque de Alba se estrena en Sevilla", artigo en El Mundo, de 19-6-2015 (en castelán). Obtén a praza de académico o 18 de xuño de 2015 por herdanza da súa nai, falecida o ano anterior.
- ↑ "Miembros de la Orden Constantiniana". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 08 de marzo de 2015.
- ↑ The Royal House of the Two Sicilies. "MEMBERSHIP OF THE ROYAL ILLUSTRIUOS ORDER OF ST. JANUARIUS". g/ The Royal House of the Two Sicilies. Consultado o 7 de maio de 2021.