Dum Dum Girls
Dum Dum Girls é unha banda estadounidense de noise pop/dream pop procedente dos Ánxeles e formada no ano 2008. O seu nome procede do álbum de The Vaselines Dum Dum e da canción de Iggy Pop "Dum Dum Boys". É o proxecto da cantante e compositora Dee Dee, residente en Nova York, mentres que o resto das compoñentes residen en Los Angeles.
Dum Dum Girls | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 2008 - presente |
Xénero(s) | indie pop, noise pop, lo-fi, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | HoZac, Sub Pop |
Membros | Dee Dee Jules Sandy Malia |
Antigos membros | Bambi Frankie Rose Brandon Welchez Mike Sniper Charles Rowell |
Na rede | |
wearedumdumgirls.com | |
Despois de editar varios sinxelos e EPs, Dum Dum Girls publicaron o seu primeiro álbum, I Will Be, no ano 2010 con boas críticas. O seu segundo traballo, Only in Dreams, foi lanzado en setembro do 2011.
Traxectoria
editarA primeira edición de Dee Dee co nome de Dum Dum Girls foi un CDr de cinco temas a través do seu propio selo, Zoo Music, a finais de 2008. Foi seguido por un EP a través de Captured Tracks e un 7" por HoZac. Dee Dee conseguiu rapidamente chamar a atención con esas tres edicións e asinou con Sub Pop en xullo de 2009.
O seu álbum de estrea, I Will Be, foi publicado en marzo de 2010 sendo ben recibido pola crítica. Penny produciu o disco con Richard Gottehrer, que anteriormente traballara con Richard Hell, Blondie, The Go-Gos e The Raveonettes. Gottehrer tamén co-compuxera os éxitos de principios dos 60 "My Boyfriend’s Back" e "I Want Candy". No álbum incluíase como guitarrista convidado a Nick Zinner de Yeah Yeah Yeahs en "Yours Alone", ao marido de Dee Dee Brandon Welchez, da banda Crocodiles en "Blank Girl", e a Andrew Miller en varios temas. A portada do disco é unha foto da nai de Penny nos seus tempos de universitaria, a cal morreu de cancro en 2010. Tras o seu lanzamento montou unha banda de xira e os seus primeiros concertos foron como abreconcertos de Girls.
En 2011 a banda publicou o EP He Gets Me High, que incluía unha versión do tema "There Is a Light That Never Goes Out" de The Smiths. Esta gravación marcou a inclusión de Sune Rose Wagner de The Raveonettes ao equipo de produción, que Dee Dee mantivera intacto.
O segundo álbum, Only in Dreams, foi editado en setembro de 2011, contando cos sinxelos "Coming Down" e "Bedroom Eyes", este último interpretado pola banda no programa Late Night with Jimmy Fallon.[1] Este traballo foi a única gravación de Dum Dum Girls en contar cunha banda completa.
No mes de setembro de 2012 publicouse o EP End of Daze, precedido polo sinxelo "Lord Knows" aparecido a finais de xullo e elixido por Pitchfork como "Mellor canción nova". O EP tamén recibiría o premio á "Mellor música nova" da mesma publicación.[2]
O 31 de outubro de 2013 Dum Dum Girls anunciou o seu terceiro álbum, Too True, que sería publicado a finais de xaneiro de 2014, e contaba co sinxelo "Lost Boys & Girls Club", cuxo vídeo estreou H&M o 31 de outubro de 2013. Para este álbum, Dee Dee citou a Suede, Siouxsie and the Banshees, Madonna e The Stone Roses como as súas influencias.[3]
O sinxelo da banda "Coming Down" usouse para un trailer promocional[4] e aparece nos créditos finais da película de 2013 The Canyons, escrita por Bret Easton Ellis e dirixida por Paul Schrader (Ellis posteriormente faría un guión dunha curtamentraxe, Are You Okay, para o sinxelo "Are You Okay?" de Too True).[5] "Coming Down" tamén foi usada no sexto episodio da tempada 5 de Crónicas vampíricas, ademais de no terceiro capítulo da 3ª tempada de Orange Is the New Black, "Empathy Is a Boner Killer" (2015).
O 5 de decembro de 2014, Converse editou un sinxelo compartido de Dum Dum Girls, "On Christmas", como a terceira parte de tres entregas dixitais do EP recompiltorio da compañía Noise to the World 2.[6]
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
I Will Be | 2010 | HoZac |
Only in Dreams | 2011 | Sub Pop |
Too True | 2014 | Sub Pop |
EPs
editar- Dum Dum Girls - 2008 (Zoo Music)
- Dum Dum Girls - 2009 (Captured Tracks)
- He Gets Me High - 2011 (Sub Pop)
- End of Daze - 2012 (Sub Pop)
Notas
editar- ↑ Pitchfork (ed.). "Watch Dum Dum Girls on "Fallon"". Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ Pitchfork Media (ed.). "End of Daze EP en Pitchfork". Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ Consequence of Sound (ed.). "Dum Dum Girls announce new album, Too True, stream “Lost Boys and Girls Club”". Consultado o 5 de abril de 2016.
- ↑ YouTube (ed.). "Trailer : The Canyons Teaser". Consultado o 5 de abril de 2016.
- ↑ YouTube (ed.). "Dum Dum Girls - "Are You Okay"". Consultado o 5 de abril de 2016.
- ↑ Converse (ed.). "Converse rings in the holiday with ‘Noise to the World’". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de abril de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da banda Arquivado 30 de xuño de 2012 en Wayback Machine.