O Ducado de Turín foi un dos Ducados instituídos polos longobardos en Italia. Son bastante escasas as informacións sobre as súas vicisitudes internas; mesmo é a data da institución do Ducado, se ben probabelmente xorde no momento da ocupación longobarda da cidade (569). Luigi Cibrario precisou que o territorio do ducado remataba nas Chiuse de Val de Susa, e os pés do Mombasso[1].

Historia

editar

O século VI.

editar

O primeiro duque de Turín que menciona Paulo Diácono é Axilulfo, que no 591 se converte en rei dos longobardos grazas ao matrimonio contraído o ano anterior con Teodelinda, viúva do seu predecesor no trono de Pavia, Autari. Como duque, Axilulfo adaptara como palacio (Curia Ducis) os edificios existentes na actual praza IV de marzo e que correspondían, se cadra, á antiga sede das maxistraturas romanas. Por vontade de Teodolinda, san Xoán Bautista foi proclamado patrón de Turín e se cadra nesa época comezou a construción da igrexa homónima, na área que actualmente alberga o duomo da cidade e que daquela xa albergaba o templo dedicado aos mártires turineses Solutor, Aventor e Octavio.

O século VII.

editar

Á morte de Axilulfo (616), o trono dos longobardos pasou ao seu fillo Adaloaldo, so a rexencia de Teodolinda. Contra a política da raíña nai, que procuraba a conversión ao catolicismo dos longobardos e á renuncia a novas expansións territoriais, organizouse entre os duques unha facción, guiada polo novo duque de Turín, Arioaldo da estirpe dos Caupu. A oposición de Arioaldo, activa sobre todo nos primeiros anos do século VII, estoupou en aberta revolta no 624 e rematou cunha rápida vitoria do rebelde, que no 626 eliminou definitivamente o cuñado (Adaloaldo, fillo de Axilulfo e Teodolinda, era de feito medio irmán de Gundeperga, a muller de Arioaldo nada das primeiras nupcias de Teodolinda con Autari).

A continuación Paulo Diácono rexistra un duque Garibaldo, enviado como mensaxeiro polo rei Godeperto, ao que subiu ao trono, a Grimoaldo daquela duque de Benevento, para que o convencese a intervir no seu favor contra o seu irmán Perctarito co cal, segundo o testamento do seu pai Ariperto I, dividía o Reino longobardo (661). Garibaldo, porén, traizoou a Godeperto, exhortando a Grimoaldo a apartar os dous irmáns e a subir ao trono[2]. Ä súa volta a Turín, Garibaldo cae vítima dun atentado.

O século VIII

editar

Poucos anos despois, quen subiu ao trono dos longobardos sería o novo duque de Turín, Raghinperto, á súa vez fillo de Godeperto: deu vencido ao lexítimo herdeiro ao trono Liutperto, tamén un expoñente da dinastía bávara, vencendo en batalla en Novara aos seus defensores Ansprando e Rotarit. Morreu pouco despois, tras apenas un ano de reinado (701), deixando o trono ao seu fillo Ariperto II que á súa vez asumira o título de duque de Turín e fora inmediatamente asociado ao trono polo seu pai.

Vestixios longobardos en Turín

editar

Turín tivo unha forte presenza longobarda tamén entre a poboación simple, non só nas altas esferas do poder. As escavacións para a realización do metro da cidade (2004) trouxeron á luz unha necrópole longobarda preto de Collegno, malia que xa eran coñecidas outras necrópoles situadas preto dos actuais Sassi e na via Nizza, non lonxe do lugar onde hoxe se atopa o Lingotto.

Tamén as rexións que rodean a cidade tiveron asentamentos longobardos: quedan trazas deles arqueolóxicas (necrópole de Belmonte) ou toponomásticas: mostran unha derivación da lingua longobarda, por exemplo, localidades como Superga (ou Soperga), Valperga e Lombardore (Castrum Longobardorum).

  1. Storia di Torino, libro II, cap. II.
  2. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 51.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar