Perctarito
Perctarito, nado en 645 e finado en 688, foi duque de Asti e rei longobardo de Italia, fillo e sucesor do rei Ariperto (661).
Perctarito | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 645 |
Falecemento | 688 e 690 |
Lugar de falecemento | Pavia |
Soterrado | Pavia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Ariperto |
Cónxuxe | Rodelinda |
Fillos | Cuniperto e Vigilinda |
Irmáns | Godeperto |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Rei católico, cerca Pavia mentres que, cousa curiosa, comparte o poder co seu irmán Godeperto, co-rei ariano con sede en Milán, a antiga capital dos longobardos. Tras ser asasinado o seu irmán pouco despois por unha conxuración de palacio dirixida por Grimoaldo, duque de Benevento, prefire fuxir que sufrir o mesmo destino e atopa primeiro refuxio cos ávaros do khagan Kakan e despois entre os francos. Con todo, a súa muller Rodelinda e o seu fillo Cuniperto, capturados por Grimoaldo, son enviados ao exilio a Benevento.
En 671, volto do exilio, toma finalmente o poder e volve a subir ao trono longobardo. Fai do catolicismo a relixión oficial do reino pero non recoñece a autoridade papal, asina a paz cos bizantinos e asocia ao seu fillo Cuniperto ao poder a partir de 678. Loita en van contra o rebelde Alachis, duque de Trento, antes de morrer asasinado en 688, vítima dunha conxuración.
Descendencia Editar
Pertarito tivo os seguintes fillos:
- Cuniperto: rei dos longobardos.
- Wigilinda: Casada co duque Grimoaldo II de Benevento.
Posteridade Editar
Pertharite é o nome dunha traxedia de Pierre Corneille, baseada na historia deste rei longobardo.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Ariperto |
Perctarito | Precede a: Grimoaldo |
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Garibaldo |
Perctarito | Precede a: Cuniperto |