Axilulfo
Axilulfo (ou Agilulph ou aínda Agholphe) foi un rei longobardo de Italia.
Axilulfo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | post. 555 |
Falecemento | maio de 616 e 616 |
Lugar de falecemento | Milán |
Ocupación | político |
Pai | Einer von großem Adel von Anawas |
Nai | Tochter (?) |
Cónxuxe | Teodelinda de Baviera e Andalagardis (?) |
Fillos | Adaloaldo, Gundeperga e Chrodoald von Bayern |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do duque longobardo de Turín Ansvaldo, foi proclamado rei en Milán en maio de 591, sucedendo ao rei Autario coa viúva do cal casa segundo a tradición longobarda: a raíña católica Teodelinda. O seu longo reinado estivo marcado por unha tregua co Papado en 598, poñendo fin provisionalmente a 30 anos de terror longobardo. Consolida o seu poder e o dominio longobardo no seu reino, mantén boas relacións cos francos e os baiuvarios, combate en van aos ávaros e as tribos eslavas e asina unha tregua co emperador bizantino Mauricio (598). En 603, seguramente influenciado pola súa muller, abandona o arianismo longobardo e convértese ao catolicismo, facendo bautizar ao seu xove fillo Adaloaldo. O mesmo ano, o emperador bizantino Focas recoñece o seu poder. Morre despois de 25 anos de reinado, no ano 616, designando a Adaloaldo, aínda adolescente, como sucesor.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Autario |
Axilulfo | Precede a: Adaloaldo |