Teodelinda de Baviera
Teodelinda de Baviera, nada sobre o anos 573, foi unha princesa baiuvaria filla de Garibaldo, duque dos baiuvarios e de Waldrada, princesa longobarda, filla do rei Wacho.
Teodelinda de Baviera | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 570 |
Lugar de nacemento | Ratisbona |
Falecemento | 22 de xaneiro de 627 e 22 de xaneiro de 628 |
Lugar de falecemento | Monza |
Soterrada | Duomo of Monza |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | monarca e mecenas |
Pai | Garibaldo I de Baviera |
Nai | Waldrada |
Cónxuxe | Axilulfo, Autario e Axilulfo |
Fillos | Adaloaldo, Gundeperga, Tochter (?), Tochter von Turin e Chrodoald von Bayern |
Irmáns | Gundoaldo e Tasilón I de baviera |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Prometida ao rei franco merovinxio Khildeberto, fuxiu para Italia sobre o 588 e bótalle o ollo ao rei longobardo Autario, co que casa en Verona o 15 de maio de 589: por este matrimonio, convértese en raíña dos longobardos de Italia antes de quedar viúva menos de dezaseis meses máis tarde (5 de setembro de 590). Segundo un vello costume longobardo, a raíña viúva debe casar co sucesor do seu defunto esposo. Así, casa con Axilulfo, duque de Turín, proclamado rei en Milán polo seu pobo en maio de 591. Raíña católica, tivo unha grande influencia sobre Axilulfo e aconséllalle tratar con Roma, facer a paz coa Igrexa e o Papado, dirixido por Gregorio o Grande (598). Axilulfo remata por se converter á fe da súa raíña a bautiza ao seu fillo, o príncipe Adaloaldo, en 603. Viúva en 616, asume a rexencia do novo rei Adaloaldo e morre arredor do ano 627.
Teodelinda está na orixe da actual basílica de San Xoán Bautista de Monza (Lombardía), sede dun palacio real longobardo. Foi canonizada posteriormente.