Drag Race España

programa de televisión protagonizado por drag queens

Drag Race España é un programa de telerrealidade español sobre drag queens baseado na serie estadounidense RuPaul's Drag Race.[1] O concurso busca coroar a próxima Superestrela Drag de España. Supremme de Luxe é a encargada de presentar a adaptación do formato.[2] En agosto de 2021, Atresmedia renovou o contrato para a produción dunha segunda tempada.[3] En xuño de 2022, renovou por unha terceira tempada.[4] En agosto de 2023 renovou por unha cuarta tempada.[5]

Drag Race España
Formato Reality de televisión
Producido por World of Wonder e Atresmedia
Presentado por Supremme de Luxe
Localización(s) España
Cadea Atresplayer Premium
Día da estrea 30 de maio de 2021
Nº de temporadas 3 (+1 confirmada)
Nº de episodios 22

Na rede
https://premium.atresplayer.com/drag-race/
IMDB: tt13606528 Facebook: dragraceespana Twitter: DragRaceEs Instagram: dragrace.espana Youtube: UChiazushxob4o36fCnJxDrg Editar o valor em Wikidata

Formato editar

O obxectivo do concurso é atopar a mellor Superestrela Drag de España. Para iso, as concursantes teñen que superar unha serie de probas e enfrontarse a retos cos que salvarse da eliminación, como sesións de fotos, retos de baile, artísticos ou actuacións musicais. A proba final de cada programa é unha pasarela na que as participantes amosan os seus mellores "looks" para conquistar o xurado. As dúas peores do programa bátense en duelo facendo lip sync; a perdedora abandona a competición.[6]

Produción editar

O programa está producido por World of Wonder e Atresmedia en colaboración con Buendía Estudios.[7][8] Estreouse o mes de maio de 2021 a través da plataforma de pago Atresplayer Premium, mentrs que nos Estados Unidos e no resto do mundo emítese vía "streaming" en WOW Presents Plus.[9][10]

É a sétima versión internacional da franquía Drag Race, despois de The Switch Drag Race (Chile), Drag Race Thailand (Tailandia), RuPaul's Drag Race UK (Reino Unido), Canada's Drag Race (Canadá) e Drag Race Holland (Países Baixos), RuPaul's Drag Race Down Under (Australia e Nova Zelandia).[8][10]

O 30 de decembro anunciouse a apertura do proceso de selección das participantes.[11] O xurado e a presentadora foron anunciados en marzo de 2021, mentres que as dez concursantes foron anunciadas o 26 de abril de 2021.[12] Dous días despois, Michelle Visage fixo a presentación oficial das concursantes e anunciou que o programa se estrearía en maio.[13]

En agosto de 2021, renovouse o formato por unha segunda edición. En xaneiro de 2022, confirmouse a continuación do mesmo xurado para a segunda edición[14] e, a través dun anuncio en redes sociais, a data de presentación das doce concursantes da segunda tempada. Esta produciuse o 20 de febreiro nun sketch titulado Meet the Queens.[15]

O 16 de xuño de 2022, Atresmedia Televisión en colaboración con Buendía Estudios, renovou o concurso por unha terceira tempada.[4]

Equipo editar

Nome Posto Tempadas
1 2 3
Supremme de Luxe Presentadora e xurado
Javier Ambrossi Xurado
Javier Calvo Xurado
Ana Locking Xurado

A finais de febreiro de 2021, o programa anunciou a composición do xurado que acompañará a Supremme de Luxe, formado polos "Javis" (parella de actores formada por Javier Ambrossi e Javier Calvo) e a deseñadora de moda Ana Locking. A inclusión dos Javis xerou rexeitamento entre os fans do formato orixinal, que criticaban, entre outras cousas, o feito de que a parella "monopolice" a presenza do colectivo LGTB na televisión española.[16][17]

Entre os xuíces convidados atópanse:[18][19]

Tempada 1:

Tempada 2:

Tempada 3:

Tempadas editar

Tempada Estrea Final Concursantes Gañadora Finalistas Miss Simpatía Episodios
1 30 de maio de 2021 25 de xullo de 2021 10 Carmen Farala Killer Queen e Sagittaria Pupi Poisson 8 + "El reencuentro"
2 27 de marzo de 2022 5 de xuño de 2022 12 Sharonne Estrella Xtravaganza e Venedita Von Däsh Samantha Ballentines 10 + "El reencuentro"
3 16 de abril de 2023 25 de xuño de 2023 13 Pitita Vania Vainilla, Hornella Góngora e Kelly Roller María Edilia 10 + "El reencuentro"

Concursantes editar

As concursantes que competiron en Drag Race España son:

Drag Race España (tempada 1) editar

As drag queens que competiron na primeira tempada de Drag Race España foron 10:[21][nota 1]

Concursante Idade Orixe Posición
Carmen Farala 31 Sevilla
Killer Queen 31 Madrid 2ª / 3ª
Sagittaria 22 Barcelona
Pupi Poisson 38 Madrid
Dovima Nurmi 24 Barcelona
Hugáceo Crujiente 25 Valencia
Arantxa Castilla-La Mancha 23 Badaxoz
Inti 20 Madrid
Drag Vulcano 30 As Palmas de Gran Canaria
The Macarena 29 San Fernando 10.ª

Drag Race España (tempada 2) editar

As drag queens que competiron na segunda tempada de Drag Race España son 12:[22][nota 2]

Concursante Idade Orixe Posición
Sharonne 45 Sabadell
Venedita Von Däsh 28 Elx 2ª / 3ª
Estrella Xtravaganza 25 Xerez da Fronteira
Marina 34 Barcelona
Juriji der Klee 31 Madrid
Drag Sethlas 30 As Palmas de Gran Canaria
Diamante Merybrown 25 Zaragoza
Onyx 33 Madrid
Jota Carajota 18 Xerez da Fronteira
Samantha Ballentines 35 San Fernando 10.ª
Ariel Rec 33 Madrid 11.ª
Marisa Prisa 30 Burela 12.ª

Drag Race España (tempada 3) editar

As drag queens que competiron na terceira tempada de Drag Race España son 12 e foron anunciadas o 19 de marzo de 2023.[23][nota 3]

Concursante Idade Orixe Posición
Pitita 27 Barcelona 1.ª
Vania Vainilla 39 Zaragoza 2.ª
Hornella Góngora 35 Alacant 3.ª / 4.ª
Kelly Roller 30 Málaga
Clover Bish 24 Granollers 5.ª
Bestiah 30 Madrid 6.ª
Pakita 28 Sevilla 7.ª / 8.ª
Pink Chadora 38 Málaga
Visa 34 Tampico, México 9.ª
The Macarena 31 San Fernando 10.ª
Chanel Anorex 31 Salamanca 11.ª
Drag Chuchi 32 As Palmas de Gran Canaria 12.ª
María Edilia 41 Maracay, Venezuela 13.ª

Palmarés editar

Edición Data Presentadora Canal de emisión Gañadora Finalistas Miss Simpatía
Drag Race España 1 2021 Supremme de Luxe Atresplayer Premium  
Carmen Farala
Killer Queen
Sagittaria
Pupi Poisson
Drag Race España 2 2022  
Sharonne
Venedita Von Däsh
Estrella Xtravaganza
Samantha Ballentines
Drag Race España 3 2023  
Pitita
Vania Vainilla
Hornella Góngora
Kelly Roller
María Edilia

Programa derivado editar

Artigo principal: Drag Race España: All Stars.

En setembro de 2022, Atresmedia anunciou que estaba traballando nun novo formato derivado do orixinal, RuPaul's Drag Race: All Stars, titulado: Drag Race España: All Stars. En novembro de 2023, anunciouse a súa data de estrea para xaneiro de 2024.[24][25]

Notas editar

  1. Idade e nome rexistrados no momento da filmación.
  2. Idade e nome rexistrados no momento da filmación.
  3. Idade e nome rexistrados no momento da filmación.

Referencias editar

  1. Quijorna, Cristian (16 de novembro de 2020). "Atresplayer Premium prepara la versión española de 'RuPaul's Drag Race'". Formula TV. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  2. Ximénez, Mario (15 de febreiro de 2021). "Supremme de Luxe será la presentadora de ‘RuPaul's Drag Race' en España". Vogue España. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  3. "Atresmedia renueva 'Drag Race España' por una segunda temporada". 20minutos. 31 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Lizana, Almudena M. (16 de xuño de 2022). "'Drag Race España' renueva por una tercera edición en Atresmedia". FormulaTV. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  5. "Atresmedia abre el casting de drag race españa temporada 4". 3 de agosto de 2023. 
  6. "Ficha do programa Drag Race España". Formula TV. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  7. "Atresmedia da luz verde a 'Drag Race España', adaptación del famoso 'talent' de RuPaul". 20minutos.es. 16 de novembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "El fenómeno 'Drag Race' de RuPaul aterrizará al fin en España con una adaptación de Atresmedia". vertele. 16 de novembro de 202o. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  9. Albertini (16 de novembro de 2020). "Atresplayer prepara 'Drag Race España': las "reinas del Drag" de RuPaul tendrán versión española". Espinof. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 Nolfi, Joey. "'Drag Race Spain' to grow RuPaul's global reign". EW.com. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  11. 20minutos (30 de decembro de 2020). "'Drag Race España' abre su 'casting' para encontrar a la mejor 'drag queen' del país". 20minutos.es. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  12. vertele.eldiario.es (26 de abril de 2021). "Drag Race España: la lista de las 10 'reinas' concursantes del estreno en Atresplayer Premium". vertele. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  13. 20minutos (28 de abril de 2021). "Michelle Visage presenta a las reinas de 'Drag Race España' y anuncia cuándo se estrenará: "¿Estáis preparados?"". www.20minutos.es. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  14. "La segunda temporada de 'Drag Race España' regresa con una edición "a lo grande" y dos concursantes más". Diez minutos. 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  15. "La segunda edición de 'Drag Race España' presenta a sus reinas el 20 de febrero". FormulaTV. 24 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  16. Molina, Berto (1 de marzo de 2021). "Se ceban con Los Javis tras ser elegidos (con Ana Locking) jurado de 'Drag race España'". El Confidencial. Consultado o 7 de marzo de 2021. 
  17. Alonso, Begoña (3 de marzo de 2021). "'Drag Race España': el público no quiere a los Javis en el jurado, pero... ¿por qué?". Elle. Consultado o 7 de marzo de 2021. 
  18. "Filtrado el primer juez invitado y parte del escenario de ‘Drag Race España’". La Vanguardia. 3 de marzo de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  19. "Paca la Piraña será jueza invitada en 'Drag Race España'". FormulaTV. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  20. Retamal, Brenda García (7 de xullo de 2021). ""Drag Race España": Envy Peru será la jueza invitada en la semifinal del programa Ru Paul". RPP. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  21. "Estas son las concursantes de la primera edición de 'Drag Race España'". FormulaTV. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  22. "‘Drag Race España’ regresa muy pronto a ATRESplayer PREMIUM con una segunda edición más a lo grande". FormulaTV. 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  23. "Atresplayer ya tiene fecha de estreno para el 'Meet the Queens' de 'Drag Race España 3'". FormulaTV. Consultado o 9 de marzo de 2023. 
  24. "Atresmedia anuncia 'Drag Race España: All Stars', que llegará en 2023". FormulaTV. 20 de setembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  25. "'Drag Race España: All Stars' se estrena en enero en Atresplayer". FormulaTV. 13 de novembro de 2023. Consultado o 13 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar