Drag queen

home artista que se viste e xoga un papel feminino como espectáculo

Unha drag queen é unha persoa, normalmente home, que utiliza roupa e maquillaxe para imitar ou esaxerar os símbolos da feminidade e os roles de xénero con fins de entretemento. Historicamente, a maioría das drag queens foron homes vestidos de mulleres. Na actualidade, as drags queens asócianse con homes gais e coa cultura gai, aínda que poden ter calquera identidade de xénero e de sexo.

RuPaul é unha drag famosa, coñecida polo programa RuPaul's Drag Race.

As persoas que fan drag, fano por motivos que van dende o desexo de expresarse[1][2] ata o de facer espectáculos para público. Os espectáculos de drag adoitan incluír cancións con sincronía labial ou ao vivo, e tamén baile.[3] Normalmente teñen lugar en eventos como marchas do orgullo, concursos de beleza drag e lugares como cabarés e discotecas. As drag queens varían segundo o seu tipo, cultura e dedicación, que van dende profesionais ata persoas que o fan de xeito ocasional.[4]

Notas editar

  1. O'Brien, Jennifer (30 de xaneiro de 2018). "The Psychology of Drag". Psychology Today. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  2. Jackson, Angie (20 de maio de 2015). "Performing in drag is all about self-expression for some West Michigan men". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  3. King, Mark. "A working life: the drag queen | Money". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  4. "Tom Bartolomei: 10 Myths About Drag Queens". Huffingtonpost.com. 1 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar