Eduardo Casanova

actor español

Eduardo Casanova Valdehita, nado en Madrid o 24 de marzo de 1991, é un actor, guionista e director español. É coñecido polo público grazas ó seu papel como Fidel Martínez na serie de televisión Aída.

Infotaula de personaEduardo Casanova

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eduardo Reina Valdehita Editar o valor em Wikidata
24 de marzo de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webeduardocasanova.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1816428 Allocine: 250625 Allmovie: p739574
Twitter: educasanova12 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empezou a traballar como actor ós doce anos. En 2005, con tan só quince anos, formou parte da serie de comedia Aída, emitida en Telecinco até 2014. Casanova interpretou a Fidel Martínez, o fillo de Chema (Pepe Viyuela) e a súa primeira esposa Marisa (Lola Dueñas).[1] Na primeira tempada da serie vemos como o mozo se instala no ficticio barrio de Esperanza Sur co seu pai. Pola súa intelixencia e as súas afeccións, non acaba de encaixar no barrio. Na quinta tempada, o personaxe declárase abertamente gai diante da súa familia e amigos.[2]

En 2007 participou na obra Diario de una pulga e en El Principito, montaxe na que estivo a traballar até 2008. En 2011 volveu ó teatro para participar na montaxe The Hole, un espectáculo que recibiu críticas moi positivas por parte da crítica e o público.[3]

En 2011 participou na película de Álex de la Iglesia La chispa de la vida, con José Mota e Salma Hayek.[4] Ese ano, con tan só 19 anos, escribiu e dirixiu a súa primeira curtametraxe: Ansiedad, que conta no seu elenco con nomes como Ana Polvorosa e Secun de la Rosa.[5] Por devandita curtametraxe conseguiu unha distinción no Festival de cine El Novelísimo de Hervás.[6]

En 2016, dirixe a súa primeira longametraxe Pieles, na que conta con actores e actrices do talle de Candela Peña, Macarena Gómez, Ana Polvorosa, Secun de la Rosa, Carmen Machi e Jon Kortajarena, entre outros. O filme narra diversas historias cruzadas sobre persoas con deformidades físicas que teñen problemas para encaixar na sociedade.[7] O filme foi producido por Álex de la Iglesia, Carolina Bang e Kiko Martínez.[8] En febreiro de 2017 participou na sección oficial Panorama da Berlinale. En marzo no Festival de cine de Málaga e en xuño de 2017 estreouse nas salas de cine de España.[9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar