A DnaA é unha proteína que activa a iniciación da replicación do ADN en bacterias.[1] É un factor de iniciación da replicación que promove o desenrolamento do ADN na orixe de replicación (oriC en E. coli).[1] O comezo da fase de iniciación da replicación do ADN está determinada pola concentración de DnaA.[1] A DnaA acumúlase durante o crecemento da célula e despois desencadea a iniciación da replicación.[1] A replicación empeza coa unión da DnaA activa a unha repetición dun tamaño de 9-mer (de 9 bp de longo) que se encontra no ADN corrente arriba de oriC.[1] A unión da DnaA orixina a separación das dúas febras en repeticións de 13-mer de longo.[1] Esta unión causa que o ADN faga un bucle en preparación da súa fusión (abertura separándose en dúas febras) feita pola helicase DnaB.[1]

Proteína iniciadora da replicación cromosómica DnaA
Identificadores
Organismo Escherichia coli
(cepa K-12 subcepa MG1655)
Símbolo DnaA
Entrez 948217
RefSeq (Prot) NP_418157.1
UniProt P03004
Outros datos
Cromosoma xenoma: 3.88 - 3.88 Mb
DnaA
Estrutura cristalina do dominio IV da DnaA en complexo coa dnaabox do ADN
Identificadores
SímboloBac_DnaA_C
PfamPF08299
Pfam clanCL0123
InterProIPR013159
SCOPe1j1v / SUPFAM
DnaA
Estrutura da DnaA unida a amppcp da bacteria Aquifex aeolicus
Identificadores
SímboloBac_DnaA
PfamPF00308
Pfam clanCL0023
InterProIPR013317
PROSITEPDOC00771
SCOPe1j1v / SUPFAM

Función editar

A forma activa da DnaA está unida ao ATP.[1] Inmediatamente despois de que se divide a célula, o nivel de DnaA activa no seu interior é baixo.[1] Aínda que a forma activa da DnaA require ATP, a formación do complexo oriC/DnaA e o subseguinte desenrolamento do ADN non require hidrólise de ATP.[2]

O sitio oriC en E. coli ten tres rexións de 13 pares de bases ricas en AT (elementos de desenrolamento do ADN ou DUEs, do inglés DNA unwinding elements) seguidas de catro rexións de 9 pares de bases coa secuencia TTAT(C ou A)CA(C ou A)A.[3] Únense arredor de 10 moléculas de DnaA ás rexións de 9 pares de bases, que se envolven arredor das proteínas causando que o ADN das rexións ricas en AT se desenrole. Hai 8 sitios de unión para a DnaA dentro do oriC, aos cales se une DnaA con afinidade diferencial. Cando a replicación do ADN está a piques de comezar, a DnaA ocupa todos os sitios de unión de alta afinidade. A rexión rica en AT desnaturalizada permite o recrutamento de DnaB (unha helicase), que forma un complexo con DnaC (o cargador da helicase). DnaC axuda á helicase a unirse e acomodarse debidamente no ADN bicatenario na rexión de 13 pares de bases; isto realízase grazas á hidrólise de ATP, despois do cal selibera DnaC. As proteínas de unión á febra sinxela (SSBs) estabilizan as febras de ADN monocatenarias para manter a borbulla de replicación. A DnaB é unha helicase 5'→3', polo que viaxa sobre a febra retardada do ADN. Asóciase con DnaG (unha primase) para formar o único cebador necesario para a febra guía e para engadir cebadores de ARN na cadea retardada. A interacción entre DnaG e DnaB é necesaria para controlar a lonxitude dos fragmentos de Okazaki da febra retardada. A ADN polimerase III pode despois empezar a replicación do ADN.

A DnaA contén dús rexións conservadas: a primeira está localizada na parte central da proteína e corresponde ao dominio de unión ao ATP, a segunda está localizada na metade C-terminal e está implicada na unión ao ADN.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Foster JB, Slonczewski J (2009). Microbiology: an evolving science. New York: W.W. Norton & Co. ISBN 0-393-97857-5. 
  2. Leonard AC, Grimwade JE (December 2010). "Regulating DnaA complex assembly: it is time to fill the gaps". Curr. Opin. Microbiol. 13 (6): 766–72. PMC 3005629. PMID 21035377. doi:10.1016/j.mib.2010.10.001. 
  3. Fuller RS, Funnell BE, Kornberg A (October 1984). "The dnaA protein complex with the E. coli chromosomal replication origin (oriC) and other DNA sites". Cell 38 (3): 889–900. PMID 6091903. doi:10.1016/0092-8674(84)90284-8. 
  4. Roth A, Messer W (May 1995). "The DNA binding domain of the initiator protein DnaA". EMBO J. 14 (9): 2106–11. PMC 398312. PMID 7744016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar