Fragmento de Okazaki

Un fragmento de Okazaki é un relativamente pequeno fragmento de ADN (cun primer de ARN no extremo terminal 5') formado na cadea retardada durante a replicación do ADN.

Replicación do ADN.

Características editar

Os fragmentos de Okazaki teñen entre 1.000 e 2.000 nucleótidos en Escherichia coli e entre 100 a 200 en eucariotas. Foron orixinalmente descubertos por Reiji Okazaki, Tsuneko Okazaki e o seu equipo, cando estudaban a replicación do ADN de bacteriófagos en Escherichia coli.[1][2]

Notas editar

  1. Okazaki R, Okazaki T, Sakabe K, Sugimoto K. Mechanism of DNA replication possible discontinuity of DNA chain growth. Jpn J Med Sci Biol. 1967 Jun;20(3):255-60. (en inglés)
  2. Ogawa T, Okazaki T, Discontinuous DNA Replication. Annu. Rev. Biochem. 49:421-457, 1980 (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar