A tempada 1981-1982 da Liga Nacional de rugby foi a décimo quinta edición da máxima categoría do rugby en España, e a cuarta cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 29 equipos. O calendario da competición estivo formado por un número variable de xornadas dependendo do grupo. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o Club Deportivo Arquitectura de Madrid.
O sistema de puntuación foi o seguinte:
- 2 puntos por vitoria.
- 1 punto por empate.
- 0 puntos por derrota.
- 1 punto por encontro xogado (só na primeira fase).
O Club Deportivo Arquitectura acadou o campionato nacional de liga. Foi o 5º título de liga para o club madrileño.