Dino Grandi

político italiano

Dino Grandi, nado en Mordano o 4 de xuño de 1895 e finado en Boloña o 21 de maio de 1988, foi un político fascista italiano, figura destacada durante o réxime fascista. Chegou a exercer como ministro de Xustiza, ministro de Asuntos Exteriores e presidente da Cámara dos Fascios e das Corporacións. Tivo un rol importante no colapso do réxime de Mussolini en xullo de 1943.

Infotaula de personaDino Grandi

(1925) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1895 Editar o valor em Wikidata
Mordano (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Boloña (Italia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCertosa di Bologna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Justice of the Kingdom of Italy (en) Traducir
12 de xullo de 1939 – 6 de febreiro de 1943
← Arrigo SolmiAlfredo De Marsico →
National councillor to the Chamber of Fasci and Corporations (en) Traducir
23 de marzo de 1939 – 2 de agosto de 1943
Deputado do Reino de Italia
28 de abril de 1934 – 2 de marzo de 1939
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en) Traducir
12 de setembro de 1929 – 19 de xullo de 1932
← Benito MussoliniBenito Mussolini →
Deputado do Reino de Italia
20 de abril de 1929 – 19 de xaneiro de 1934
Deputado do Reino de Italia
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929
Deputado do Reino de Italia
11 de xuño de 1921 – 25 de xaneiro de 1924
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1988)
Reino de Italia (1895–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , diplomático , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Fascista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
25 de xullo de 1943Queda do fascismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 182777450 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Mocidade e primeiros anos editar

Naceu o 4 de xuño de 1895.[1] Grandi era orixinario de Mordano, preto de Imola, na rexión da Emilia-Romaña. Serviu como soldado no Regio Esercito italiano durante a primeira guerra mundial, onde coñeceu outro futuro líder fascista, Italo Balbo. Tras a guerra Grandi estudou na Universidade de Boloña e en 1919 licenciouse en dereito e economía.

Grandi alistouse no Partido Fascista en 1920,[2] e en 1921 resultou elixido deputado, pero non foi admitido para ocupar o seu escano no Parlamento por non ter a idade suficiente. Tamén se converteu en opositor acérrimo de toda tregua do fascismo cos movementos socialistas e comunistas, destacando entre os máis violentos líderes dos camisas negras.

Despois de non ser admitido como deputado, Grandi serviu como avogado na cidade de Imola, onde seguiu tendo enfrontamentos violentos con socialistas e comunistas, sendo incluso destruída a súa oficina profesional de avogado. Cando Benito Mussolini tomou o poder de Italia tras a Marcha sobre Roma (en outubro de 1922), Grandi foi seguidor do seu goberno e conseguiu postos moi importantes dentro da política italiana, mostrándose partidario dos grupos de camisas negras máis violentos e brutais contra socialistas e sindicatos.

Réxime fascista editar

En 1929 Grandi foi designado Ministro de Asuntos Exteriores, sendo considerado un partidario das potencias occidentais e decidido anticomunista,[3] pero foi substituído polo propio Mussolini en xullo de 1932.[3] Despois diso foi designado embaixador italiano en Gran Bretaña, posto que exerceu entre 1932 e 1939.[4] Como embaixador defendeu o expansionismo italiano, á vez que lograba que o goberno británico de Neville Chamberlain aceptase seguir a política de pacificación ante as pretensións imperialistas italianas no Mediterráneo. Grandi favoreceu a implementación dunha política conciliadora cara ao Reino Unido.[4] En 1939 Grandi foi chamado de volta a Italia, sendo designado alí Ministro de Xustiza.

En setembro de 1939 Grandi opúxose inicialmente a que Italia entrase na segunda guerra mundial á beira da Alemaña nazi, pero ao empezar a loita en xuño de 1940 comezou a tecer unha moi ampla rede de contactos dentro da administración pública fascista, rivalizando só coa do propio ministro de exteriores Galeazzo Ciano. En 1941 foi «mobilizado» polas forzas armadas e enviado á fronte bélica de Grecia brevemente.

Conforme as campañas militares de 1942 acababan en severas derrotas para as tropas italianas no Norte de África, en Rusia e no Mediterráneo, Grandi empezou a intrigar co rei Víctor Manuel III para apartar a Mussolini do poder e facer a paz inmediatamente cos Aliados, ao convencerse a inicios de 1943 de que o Terceiro Reich nunca podería alcanzar a vitoria final. Conforme con estas ideas, Grandi dedicouse a conspirar contra Mussolini.

A invasión aliada de Sicilia de xullo de 1943 complicou máis a situación italiana e deu o pretexto para derrocar a Mussolini. Así Grandi logrou que o rei Víctor Manuel propuxese ao Gran Consello Fascista o 25 de xullo de 1943 unha moción (presentada por Grandi) para que o monarca recuperara os seus poderes constitucionais, que permitía na práctica que Víctor Manuel III destituíse a Mussolini. Tras triunfar a moción de Grandi, o rei Víctor Manuel dispuxo arrestar a Mussolini ao día seguinte, pero o novo réxime de Pietro Badoglio non se mostrou amigable cara a Grandi, a quen aínda se consideraba un fascista perigoso e intrigante. Créndose en grave perigo tanto se resultaba capturado polos Aliados como polos nazis, Grandi fuxiu cara a Portugal en agosto de 1943, pasando logo a Brasil,[5] onde esperou o final da guerra.

Vida posterior editar

Tras a contenda o novo goberno tratou de xulgalo como «criminal de guerra» pero non se logrou tal finalidade, sendo exonerado de responsabilidades penais en 1947. Grandi viviu no Brasil desempeñándose como avogado internacional e dedicado a empresas de importación até que a finais da década de 1950 retornou a Italia definitivamente, pero sen volver á política activa, abrindo unha fábrica en Módena. Grandi morreu na cidade de Boloña en 1988.

Notas editar

  1. Palmowski 1998, p. 309.
  2. Finaldi 2013, p. xviii.
  3. 3,0 3,1 Kaiser 1980, p. 65.
  4. 4,0 4,1 Finaldi 2013, pp. xviii-xix.
  5. Finaldi 2013, p. xix.


Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar