Diego Martínez Penas

adestrador galego de fútbol

Diego Martínez Penas, nado en Vigo o 16 de outubro de 1980, é un adestrador de fútbol galego. Dirixiu varios clubs da Primeira e a Segunda División (Sevilla Atlético, Osasuna, Granada e Espanyol), así como o Olympiacos, da Superliga grega. En 2024 anunciouse que será o adestrador da selección de fútbol de Galicia.[1]

Diego Martínez
Información persoal
Nome Diego Martínez Penas
Nacemento 16 de decembro de 1980
Lugar de nacemento Vigo
Posición Lateral
Carreira xuvenil
1990–1999 Celta de Vigo
1999–2000 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
CD Imperio de Albolote
Adestrador
2006–2007 Arenas de Armilla
2007–2009 Motril
2010–2011 Sevilla C
2014–2017 Sevilla B
2017–2018 Osasuna
2018–2021 Granada
2022–2023 Espanyol
2023 Olympiacos
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Está considerado como o mellor adestrador da historia do Granada, ao que adestrou durante tres anos, levándoo da Segunda División á Europa League.[2]

Traxectoria editar

Inicios editar

Vigués de nacemento, xogou nove anos nas categorías inferiores do Celta de Vigo ata que marchou ao Cádiz CF onde durante un tempo compaxinou os estudos co fútbol. Aos vinte anos, cando xogaba no Imperio de Albolote sufriu unha grave lesión de xeonllo que o apartou dos terreos de xogo durante meses. Nese momento o adestrador do equipo, Óscar Cano, animouno a adestrar a un dos equipos cadetes do club.[3] A partir de aí, deixou a práctica do fútbol e centrouse na súa formación como adestrador, onde intuía que se lle abría un futuro máis esperanzador.

En 2004 marchou con Cano ao Arenas de Armilla, onde foi o segundo adestrador deste, así como o adestrador do equipo xuvenil. En 2006 colleu as rendas do primeiro equipo en Terceira División tras a saída de Cano,[3] e despois pasou ao Motril, co que estivo a piques de ascender á Segunda B. Nese momento recibiu a chamada de Monchi que lle ofreceu incorporarse á estrutura deportiva do Sevilla.

Sevilla FC editar

Chegou a Sevilla en 2009 dentro da área de metodoloxía, liderando o campo de tecnificación, para despois pasar ao banco, adestrando ao Sevilla C e ao equipo da División de Honra xuvenil, co que se proclamou campión en maio de 2012.[4]

Unhas semanas despois pasou a ocupar o cargo de auxiliar técnico do primeiro equipo, substituíndo a Javi Navarro.[5]

En 2014 fíxose cargo do Sevilla Atlético, de Segunda División B, tras a marcha de Ramón Tejada do club.[6] Esa primeira tempada salvou ao equipo do descenso a Terceira División e ao ano seguinte conseguiu o ascenso a Segunda, convertendo o equipo no único filial que xogaba naquel momento na división de prata do fútbol español.

CA Osasuna editar

O 14 de xuño de 2017 anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Osasuna, en Segunda División.[7] Con todo, foi destituído despois dunha soa tempada, despois de non conseguir clasificar ao equipo para a promoción de ascenso.[8]

Granada CF editar

En xuño de 2018 chegou ao Granada FC, tamén de Segunda.[9] Despois de 41 xornadas logrou o ascenso á Primeira División, tras empatar 1-1 contra o Mallorca e asegurar a segunda posición e o ascenso directo.[10] O bo facer na tempada e o éxito do ascenso valéronlle o Trofeo Miguel Muñoz.

O 13 de novembro de 2019, tras completar un brillante comezo de tempada, renovou o seu contrato co club por un ano máis.[11] O equipo, cun dos orzamentos máis baixos da liga, rematou a tempada na sétima posición e clasificándose para a UEFA Europa League, despois do regreso do fútbol que se paralizara debido á pandemia de COVID-19. Un logro histórico para o club, xa que era a primeira vez na historia que o Granada se clasificaba para competicións europeas.[12] Na tempada 2020/21, tras superar as tres xornadas clasificatorias previas da Europa League, o seu equipo logrou o segundo posto do grupo, por detrás do PSV, e clasificouse para os 1/16 de final, quedando encadrado na eliminatoria co Napoli de Gennaro Gattuso.[13] Venceu ao equipo italiano no Nuevo Los Cármenes por 2-0, con goles de Herrera e Kenedy, e conseguiu manter a vantaxe no partido de volta no San Paolo de Nápoles, onde perdeu por 2-1. Repetiu idénticos resultados na seguinte rolda ante o Molde noruegués, conseguindo así o pase aos cuartos de final, onde finalmente caeu ante o Manchester United de Solskjær.[14]

No campionato de liga, o Granada chegou á metade da competición na sétima posición, mellorando o rendemento da tempada anterior ao obter 28 puntos en 19 partidos.[15] Os resultados empeoraron lixeiramente na segunda volta, e o equipo rematou a liga na novena posición, que foi, con todo, o segundo mellor resultado na historia do club dende que a liga conta con 20 equipos. Ao remate da campaña decidiu deixar o club,[16] aclamado pola prensa e a afección como o mellor adestrador da historia do club.[2]

Espanyol editar

Despois de deixar o Granada, pasou un ano sabático antes de fichar o 31 de maio de 2022 polo Espanyol.[17] Adestrou o club "perico" durante dez meses, ata que foi destituído trala xornada 27, despois de catro derrotas e co equipo ocupando a antepenúltima posición da Primeira División.[18]

Olympiacos editar

En xuño de 2023 foi nomeado novo adestrador do Olympiacos, da Superliga de Grecia, cargo no que permaneceu durante cinco meses e medio. Foi cesado en decembro, co equipo na cuarta posición da táboa e despois de quedar eliminado da Europa League na fase de grupos.[19]

Clubs editar

Como adestrador editar

Actualizado o 6 de abril de 2023.

Inicio Fin Equipo PT PG PE PP % PG
2006 2007 Arenas de Armilla 38 20 6 12 52,63
2007 2009 Motril 80 39 20 21 48,75
2010 2011 Sevilla C 38 12 15 11 31,58
13 de xuño de 2014 14 de xuño de 2017 Sevilla B 124 43 47 34 34,68
14 de xuño de 2017 7 de xuño de 2018 Osasuna 44 17 16 11 38,64
14 de xuño de 2018 27 de maio de 2021 Granada FC 146 69 30 47 47,26
31 de maio de 2022 3 de abril de 2023 Espanyol 31 9 9 13 29,03
20 de xuño de 2023 5 de decembro de 2023 Olympiacos 21 13 4 4 61,90
Total 521 221 147 153 42,53

Notas editar

  1. "Diego Martínez ponse aos mandos da Irmandiña". Nós Diario. 10 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Diego Martínez, elegido el mejor entrenador en la historia del Granada". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xullo de 2021. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Diego Martínez: Inquieto, seguro de sí mismo y versátil" (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  4. "Las manos viguesas que abrazan la Europa". 
  5. "Javi Navarro deja su puesto a Diego Martínez como ayudante del Sevilla" (en castelán). 22 de maio de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  6. "Diego Martínez, nuevo entrenador del Sevilla Atlético". 
  7. "Diego Martínez entrenará a Osasuna la próxima temporada". As.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  8. "Diego Martínez deja de ser entrenador de Osasuna". Marca (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  9. "El técnico Diego Martínez se compromete con el Granada por una temporada". 
  10. "El Granada asciende a Primera División tras empatar contra el Mallorca y la victoria del Málaga ante el Albacete". 
  11. "Diego Martínez renueva una campaña más como técnico del Granada, hasta 2021". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  12. "El Granada se cuela en Europa por primera vez en su historia" (en castelán). 19 de julio de 2020. Consultado o 5 de septiembre de 2020. 
  13. Hoy, Granada (2021-01-07). "El Granada conocerá este viernes su rival en los dieciseisavos de final de la Copa del Rey" (en castelán). Consultado o 2021-01-19. 
  14. Villaescusa, Luis (15 de abr. de 2021). "El Granada cae en Old Trafford y queda eliminado en los cuartos de la Europa League". El País (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2022. 
  15. Toledo, La Tribuna de (2021-01-20). "Villarreal y Granada se reparten los puntos" (en spanish). Consultado o 2021-01-21. 
  16. "Diego Martínez deja el Granada". El País (en castelán). 27 de maio de 2021. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  17. "El Espanyol anuncia a Diego Martínez como nuevo entrenador". La Vanguardia (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  18. "Diego Martínez y 'Pacheta', destituidos como entrenadores del Espanyol y Valladolid". Deia (en castelán). 3 de abril de 2023. Consultado o 6 de abril de 2023. 
  19. "Diego Martínez, extécnico del Espanyol, vuelve a vivir el lado amargo del fútbol" (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 16 de decembro de 2023.