Dialectos do portugués
Os dialectos do portugués son as diferentes variedades existentes da lingua portuguesa. Existen diferenzas con respecto ao padrón, especialmente no Brasil, mais tales diferenzas non prexudican a intelexibilidade entre locutores de diferentes dialectos.
Evolución
editarO portugués europeo padrón (tamén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo así, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgun dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal presentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen algunhas semellanzas co galego.
Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeo e o brasileiro. Nótese que, na lingua portuguesa hai dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coímbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito máis escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, así e todo, son mutuamente intelixíbeis.
Dialectos
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Dialectos de Portugal
editar- Azoriano (ouvir) - Açores
- Alentexano (ouvir) - Alentejo
- Algarvio (ouvir) - Algarve (há um pequeno dialecto na parte occidental)
- Alto-Miñoto (ouvir) - Norte de Braga (interior)
- Baixo-Beirán; Alto-Alentexano (ouvir) - Centro de Portugal (interior)
- Beirán (ouvir) - centro de Portugal
- Estremeño (ouvir) - Regiões de Coimbra e Lisboa (pode ser subdividido en lisboeta e coimbrán)
- Madeirense (ouvir) - Madeira
- Norteño (ouvir) - Rexións de Braga e Porto
- Transmontano (ouvir) Trás-os-Montes
Dialectos do Brasil
editarHai pouca precisión na división dialectal brasileira. Algúns dialectos, como o dialecto caipira, xa foron estudados, estabelecidos e recoñecidos por lingüistas, tales como Amadeu Amaral. Con todo, hai poucos estudos a respecto da maioría dos demais dialectos e, actualmente, aceitase a clasificación proposta polo filólogo Antenor Nascentes e outros.
- Caipira - interior do estado de São Paulo, norte do Paraná, sur de Minas Gerais e Mato Grosso do Sul
- Maranhense, Piauiense (Meio Nortista) - Maranhão e Piauí
- Baiano - rexión da Baía
- Fluminense (ouvir) - Estados do Rio de Janeiro e Espírito Santo (a cidade do Río de Xaneiro ten un falar propio)
- Gaúcho - Rio Grande do Sul, con algunha influencia do castelán, como dicir "bueno", "griz", "cucharra" e "entonces".
- Mineiro - Minas Gerais
- Dialectos nordestinos - Conxunto de dialectos falados na Rexión Nordeste, con excepción da Baía.
- Nortista - estados da bacia do Amazonas (ouvir) - (o interior e Manaus teñen falares propios)
- Paulistano - cidade de São Paulo e proximidades (con influencia da inmigración italiana).
- Sertão - Estados de Goiás e Mato Grosso, estes se asemellan un pouco co dialecto mineiro.
- Sulista - Estados do Paraná e Santa Catarina. Este dialecto sofre innumerábeis variacións de pronuncia segundo a área xeográfica, con influencias da pronuncia de São Paulo no norte do Paraná e do Rio Grande do Sul no oeste do Paraná e nalgunhas rexións de Santa Catarina.
Táboa de pronuncia
editarLetra | Portugal | Paraná | São Paulo | Río de Xaneiro | Bahia |
---|---|---|---|---|---|
Vogais e semi-vogais | |||||
a | á ou α cando tónico, ə cando átono | á | á | á | á |
â | α | α | α | α | α |
é | ɛ | ɛ | ɛ | ɛ | ɛ |
ê | e | e | e | e | e |
e | e cando tónico, ə cando átono | e | e (ou i, na fin de palabra) | e (na fin dunha palabra ás veces non se pronuncía) | ɛ (ou i, na fin de palabra) |
i | i (ou "j" en ditongos) | i (ou "j" en ditongos) | i (ou "j" en ditongos) | i (ou "j" en ditongos) | i (ou "j" en ditongos) |
ó | ɔ | ɔ | ɔ | ɔ | ɔ |
o | o cando tónico, u cando átono | o | o (ou u, na fin de palabra) | o (ou u, na fin de palabra) | ɔ (ou u, na fin de palabra) |
u | u (ou w, en ditongos e tritongos) | u (ou w, en ditongos e tritongos) | u (ou w, en ditongos e tritongos) | u (ou w, en ditongos e tritongos) | u (ou w, en ditongos e tritongos) |
Ditongos | |||||
ei | αj | ej | e | ej | ej |
ou | o | ow | o | ow | u |
Vogais nasais | |||||
ã, am, an, âm, ân | â | non nasaliza | ẫ | ẫ | ẫ |
em, en, ên, êm, én, ém | ãj | non nasaliza | ẽj | ẽ | ẽ |
im, in, ím, ín | ĩ | non nasaliza | ĩ | ĩ | ĩ |
om, on, ôm, ôn, óm, ón | õ | non nasaliza | õw | õ | õ |
um, un, úm, ún | ũ | non nasaliza | ũ | ũ | ũ |
Glides nasais | |||||
ão | ẫw | ẫw | ẫw | ẫw | ẫw |
ãe | ẫj | ẫj | ẫj | ẫj | ẫj |
õe | õj | õj | õj | õj | õj |
Consoantes | |||||
b | β | b | b | b | b |
p | p | p | p | p | p |
qu | kw | kw | kw | kw | kw |
ca, co, cu | ka, ko, ku | ka, ko, ku | ka, ko, ku | ka, ko, ku | ka, ko, ku |
ce, ci | se, si | se, si | se, si | se, si | se, si |
ç | s | s | s | s | s |
ga, go, gu | ga, go, gu | ga, go, gu | ga, go, gu | ga, go, gu | ga, go, gu |
ge, gi | ʒe, ʒi | ʒe, ʒi | ʒe, ʒi | ʒe, ʒi | ʒe, ʒi |
da, de, do, du | ða, ðe, ðo, ðu | da, de, do, du | da, de, do, du | da, de, do, du | da, de, do, du |
di | ði | di | di ou dzi | dʒi | dʒi |
ta, te, to, tu | ta, te, to, tu | ta, te, to, tu | ta, te, to, tu | ta, te, to, tu | ta, te, to, tu (ás veces ču) |
ti | ti | ti | ti ou tsi | či | či |
f | f | f | f | f | f |
v | v o β (N do pais) | v | v | v | v |
l | l | l | l ou w na fin de sílaba | l ou w na fin de sílaba | l ou w na fin de sílaba |
m | m | m | m | m | m |
n | n | n | n | n | n |
r (antes de vogal, dentro da palabra) | rı | rı | rı | rı | rı |
r (no inicio da palabra), rr | rı | r | r | kh | kh |
r (na fin de sílaba) | rı | retroflexivo, como en inglés | rı (ou retroflexivo, no interior) | kh | kh |
s (intervocálico) | z | z | z | z | z |
s (inicial ou seguido de consoante), ss | s | s | s | s | s |
s (na fin de sílaba) | ʃ | z | z | ʃ | ʃ |
ch | ʃ | ʃ | ʃ | ʃ | ʃ |
lh | λ | λ (ás veces j) | λ | λ | λ (ás veces j) |
nh | ɲ | ɲ | ɲ | ɲ | ɲ |
h | non pronuncía | non pronuncía | non pronuncía | non pronuncía | non pronuncía |
pt, ct | t | pt, ct | pt, ct | pt, ct | pt, ct |