Abrir o menú principal

Desiderio Comesaña Prado

anarcosindicalista galego

Desiderio Comesaña Prado, nado en Pontevedra en 1900 e falecido na mesma cidade en 1956, foi un anarcosindicalista galego, implantador do sindicato Confederación Nacional do Traballo nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e O Salnés durante a Segunda República Española.

Desiderio Comesaña Prado
Nacemento1900
 Pontevedra
Falecemento1956
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Comezou a súa militancia sindicalista na emigración arxentina. Retornado a Pontevedra, en 1927 foi presidente da Sociedade de Camareiros. Na mesma vila foi membro fundador da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores da CNT e do periódico ¡¡Revolución!!. Porén, debido ó control mantido polo PCE local, deixou esas agrupacións, ingresando na Sociedad de Camareros do Comité Rexional Galaico da CNT.

AnarquismoEditar

En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e colaborou na creación do grupo anarquista Natura, a partir do cal en 1933 artellouse o primeiro comité rexional da Federación Anarquista Ibérica coa axuda de Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, funcionario de telégrafos.

Moi coñecido na comarca do Morrazo, representou ó sindicato de Moaña Fraternidad Marinera no Congreso da CNT celebrado en Zaragoza en maio de 1936.

Golpe militarEditar

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, no Nadal de 1937 fuxiu xunto a Ubaldo López a Portugal a través de Ponte Barxas (Padrenda). Foron detidos pola policía portuguesa logo de seren delatados por un confidente de Lavadores. Inicialmente condenado a morte, conmutóuselle a pena pola de prisión perpetua. Tras pasar por varios penais, como as minas de Fontao (Vila de Cruces), en 1945 abandonou o Destacamento Penal das minas de volframio de Silleda, retomando axiña o contacto co Comité Rexional Galaico na clandestinidade. Desde a súa correduría de seguros colaborou coas actividades da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas en Pontevedra.

Vida persoalEditar

Casou con Elena Matos Torres, filla de Eduardo Matos Portela, en febreiro de 1934.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar