¡¡Revolución!!
¡¡Revolución!! foi un periódico editado en Pontevedra entre 1931 e 1932.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Órgano de la Sociedad Obrera de Cultura de Pontevedra y portavoz del proletariado organizado, apareceu o 7 de novembro de 1931. Periódico semanal que aparecía os sábados editado polo Centro Obrero de Pontevedra. Na Sociedad Obrera de Cultura coexistían socialistas, comunistas e libertarios, pero dende decembro o periódico só reflicte as posicións comunistas. Nun comezo foron redactores os anarcosindicalistas Desiderio Comesaña Prado e Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, pero a partir do número 4 xa so colaboran militantes obreiros e agrarios do PCE como Manuel García Filgueira, Domingo Costas Baamonde e Manuel Gama Casalderrey. Contiña abundante información sindical.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 209–2010. ISBN 84-87783-79-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.