Domingo Costas Baamonde

tipógrafo e sindicalista galego

Domingo Costas Baamonde, nado en Padrón cara a 1904 e finado en Pontevedra o 9 de outubro de 1936, foi un tipógrafo e sindicalista galego.

Domingo Costas Baamonde
Nacemento1904
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento9 de outubro de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntipógrafo e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Asentado en Pontevedra como tipógrafo, foi vocal obreiro do Comité Paritario Interlocal de Artes gráficas de Pontevedra en 1930[1] e elixírono presidente da Asociación Tipográfica de Pontevedra en 1935.[2] Vinculado ao PCE, foi elixido secretario da Sociedad Obrera de Cultura de Pontevedra en xuño de 1932,[3] participou no mitin anti-imperialista organizado polos comunistas vigueses en agosto de 1931.[4] Colaborou en ¡¡Revolución!!. Foi secretario do Congreso de Unidad Sindical celebrado en Pontevedra en novembro de 1932.[5] Foi detido en xullo de 1933 por organizar un boicot.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 9 de outubro.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 8-7-1930, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 14.
  3. El Pueblo Gallego, 10-6-1931, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 2-8-1931, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 3-11-1932, p. 7.
  6. El País, 10-7-1933, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar