Manuel García Filgueira

sindicalista e político galego

Manuel García Filgueira, nado en Mourente (Pontevedra) o 16 de febreiro de 1882, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaManuel García Filgueira
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontevedra
1936 – 1936
← Bibiano Fernández Osorio-Tafall Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro socialista en Pontevedra nas eleccións de 1913 e volveu ser concelleiro en 1920. Foi membro do primeiro Comité Rexional do PCE (1923). Na República foi concelleiro en Pontevedra e colaborou en ¡¡Revolución!!. Participou como representante comunista no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Delmiro Sarmiento, Desiderio Comesaña Prado, Ramón Suárez Picallo e José Adrio Barreiro.[1] Foi acusado de traballo sectario polo PCE en 1934. Cos sucesos de outubro de 1934 foi detido e destituído como concelleiro. Despois do triunfo da Fronte Popular foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall que marchou a Madrid coma Subsecretario de Gobernación.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado no monte con Rogelio González Suárez, aínda así en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[2] O 19 de xullo de 1949 presentouse ás autoridades.[3][4] Foi xulgado o 29 de outubro de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo[5] do que quedou coxo.

Vida persoal

editar

Casou con Emma Mourón Álvarez, que foi encarcerada en 1936.[6] Foron pais de Manuel, Pilar, Rosario e Carlos García Mourón.[7][8]

  1. El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14.
  2. BOE, 6-10-1940, p. 4665.
  3. El Ideal Gallego, 20-7-1949, p. 6.
  4. Se presenta a la autoridad el que fue jefe comunista de Pontevedra, ABC, 21-7-1949, p. 16.
  5. El Ideal Gallego, 21-6-1950, p. 6.
  6. Emma Mourón Álvarez
  7. La última hija del alcalde que estuvo años escondido
  8. La Voz de Galicia, 25-6-1991, p. 30.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
  
Alcalde de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Eladio Becerril González