Elena Pintado Martín
Elena Pintado Martín, nada en Toledo en 1910, foi unha política española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 ![]() Toledo, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Victoriano Costales Gutiérrez ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarVeciña de Pontevedra. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 axudou ao seu home Victoriano Costales a fuxir a Portugal e tamén puxo en contacto a Desiderio Comesaña Prado con Antonio García, o chofer que os levou na súa fuxida cara a Portugal.[1] Detida, foi xulgada en Vigo en febreiro de 1938 por rebelión militar, e condenada a cadea perpetua.[2] Estivo presa no penal feminino de Saturrarán.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[4] Foi requirida en agosto de 1943 polo Xulgado Especial de Conmutación de Penas.[5]
Vida persoal
editarCasou con Victoriano Costales Gutiérrez e foi nai de María Elena, Carmen, José Luis e Matilde Costales Pintado.
Notas
editar- ↑ Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (C)
- ↑ "Elena Pintado Martín - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran
- ↑ BOE, 13-2-1940, p. 743
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-8-1943, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2006). "Mulleres libertarias na Galiza (1931-1939)". En Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. A II República e a Guerra Civil. Actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria (PDF). Culleredo. p. 348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2020. Consultado o 29 de maio de 2020.