Década de -600
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VI | |||||
| |||||
|
609 a.C.
- Artigo principal: -609.
- Necao II sobe ao trono de Exipto (até -594), como sucesor de Psamético I.
- Tropas asirias, ao mando do seu rei, Asuruballit II, con axuda exipcia, tentan recuperar Harrán, pero son derrotadas polos babilonios.
- Xoaquín, accede ao trono de Xudá (até -598), logo de depor os exipcios a seu medio irmán, Xoacaz, fillo e sucesor do falecido Xosías.
608 a.C.
- Artigo principal: -608.
- Nabopolasar ataca Urartu (-608/-607) pero non ha reintentar esta tentativa setentrional ante o poder ascendente dos medos. Despois Urarto ha ser conquistado polos medos de Ciaxares.
- En Sicilia, en Leontinos, Painaitio organiza o masacre da oligarquía e convértese en tirano, fornecendo así o modelo dun réxime político que vai prevalecer toda a historia da Sicilia grega.
607 a.C.
- Artigo principal: -607.
- Data tradicional, na que se atribúe a súa expedición a Jimmu Tenno, fundador da dinastía imperial xaponesa o inicio sa súa viaxe, que findou en Yamato, onde estabeleceu a súa residencia (a crítica histórica non acepta a data tan remota).
606 a.C.
- Artigo principal: -606.
- Zhou Dingwang (定王), nado como Ji Yu (姬瑜), é coroado rei da China.
605 a.C.
- Artigo principal: -605.
- Batalla de Karkemish - O príncipe babilonio Nabucodonosor vence ao exército exipcio, facéndose con Siria e parte de Palestina, que estaban so dominio faraónico desde -610. A guerra entre ambos estados, porén, durará varios anos.
604 a.C.
- Artigo principal: -604.
- Nabucodonosor II sobe ao trono de Babilonia (até -562), sucedendo a Nabopolasar, morto no ano anterior.
603 a.C.
- Artigo principal: -603.
- Destrución de Ashdod, cidade-estado dominada por Asiria no século -VII. Foi destruída por Nabucodonosor II, rei de Babilonia.
- 18 de maio – eclipse solar[1].
602 a.C.
- Artigo principal: -602.
- Aeropo I convértese en rei de Macedonia (ata o -576).
601 a.C.
- Artigo principal: -601.
- O rei de Babilonia, Nabucodonosor, contra prognóstico, é derrotado nas fronteiras de Exipto, cando tentaba invadir o país, logo do seu éxito no -605.
- A súa derrota alenta a rebelión nalgúns dos países submetidos aos babilonios, como Xudá
600 a.C.
- Artigo principal: -600.
Extremo Oriente
Oriente Próximo
- Sobre este ano comeza o reinado de Menua II en Urartu (até -585). Sucede a Irgia (rei desde ca. -620).
Europa
- Fundación da colonia grega de Massalia (actual Marsella), no sur das Galias.
- Inicio da tiranía de Clístenes de Sición en Atenas.
Ciencia e tecnoloxía
- Ao redor do 600 adC o filósofo grego Tales de Mileto describiu por primeira vez fenómenos electrostáticos producidos ao fretar fragmentos de ámbar e comprobar a súa capacidade de atracción sobre pequenos obxectos.
- ↑ François Clément, Viton de Saint-Allais (1820). L'Art de vérifier les dates des faits historiques, des inscriptions, des chroniques et autres anciens monumens, avant l'ère chrétienne... Moreau. vista en liña (en francés)