Marsella

(Redirección desde «Massalia»)

Coordenadas: 43°17′47″N 5°22′12″L / 43.29639, -5.37000

Marsella[2] (en occitano e provenzal Marselha e en francés Marseille, que é o nome oficial) é unha cidade da Provenza situada á beira do mar Mediterráneo, a segunda maior poboación de Francia. É o maior porto comercial do país, e capital do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Marsella
Marseille
Marselha
Localización
Marsella en Francia
Marsella
Marsella
PaísFrancia Francia
RexiónProvenza-Alpes-Costa Azul
DepartamentoBocas do Ródano
DistritoDistrito de Marsella
ComunaComuna urbana de Marsella
Xeografía
Superficie1.204 km²
Demografía
PoboaciónÁrea urbana: 1.578.484 hab. (2014)
Área metropolitana: 1.831.500 hab. (2011)
Densidade3.500 hab/km²
XentilicioMarsellés/a[1]
Outros datos
Código postal13001-13016
AlcaldeJean-Claude Gaudin (LR)
Páxina oficial de Marsella
Vista panorámica do porto de Marsella

Xeografía Editar

O territorio de Marsella forma unha especie de anfiteatro, pechado polo mar ao oeste, por "les calanques" (calas ou pequenas enseadas) ao sur con Marseilleveyre, pola Costa Azul ao norte co Estaque (inmortalizado polo pintor Cézanne) e polas cadeas montañosas da Étoile e Garlaban ao nordés. Preto da metade da superficie do concello está en territorio natural non urbanizable. Isto fai dela un dos concellos menos densamente poboados de Francia. Na súa baía atópase o famoso castelo de If. A cidade foi medrando ao redor do antigo porto grego, chamado hoxe "Le Vieux-Port" ("o porto vello"), particularmente no decurso da segunda metade do século XIX. De feito, Marsella presenciou un importante desenvolvemento nesta época, estimulado ademais polo comercio cara ao novo imperio colonial francés: Alxeria, Levante e o Extremo Oriente. A rúa da República é un exemplo deste urbanismo do segundo Imperio co seu estilo haussmaniano. Envorcada cara ao mar, a cidade ignorou durante tempo o seu pasado provenzal con quen se comunicaba unicamente a través do val do Huveaune.

Logo dunha grave crise nas décadas dos setenta e os oitenta, a poboación pasou de 1 000 000 aos 807.071 conforme o censo de 1999 habitantes. As autoridades francesas e o Estado Francés decidiron lanzar en 1990 e 2000 un vasto programa de rehabilitación urbana, co importante programa Euromediterráneo, entre a estación Saint-Charles, a Belle-de-Mai e os antigos portos. A cidade constitúe a segunda unidade urbana do país logo de París con 1 550 000 na área urbana, incluíndo Aix-en-Provence ao norte, Martigues ao oeste e Saint Zacharie no departamento de Var ao leste. Na actualidade, fálase dunha poboación urbana arredor do millóns de habitantes. Porén, o nivel de emigración clandestina na cidade é un dos máis altos de Europa e segundo algúns cálculos a cifra podería rodar o millón e medio[3].

Historia Editar

Foi poboada polos gregos no século VII a.C. Pasou para o dominio romano no 49 a.C. Na antigüidade tiña a designación de Marsilia.

Educación Editar

Galería de imaxes Editar

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar

Predecesor:
  Maribor
  Guimarães
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Košice

2013
Sucesor:
  Riga
  Umeå

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.