Curtas para Rosalía

Curtas para Rosalía é un certame de curtametraxes organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Establécense dous premios: un premio de 2000 € máis diploma á mellor curtametraxe, e un premio de 1000 € máis diploma á mellor obra realizada ou dirixida por persoas menores de 30 anos.[1]

HistoriaEditar

A primeira edición tivo lugar en 2010, co gallo do 125 cabodano de Rosalía de Castro.

2010: I ediciónEditar

A primeira edición tivo lugar en 2010, co gallo do 125 cabodano de Rosalía de Castro.

  • Premio I edición: Ignotus de Tomás Conde e Virginia Curiá
  • Premio menores de 30 anos: Carta a Rosalía/Curta a Rosalía de Patricia Prieto, Natalia Pérez, Adrián Saavedra e Xudit Casas

2011: II ediciónEditar

En 2011, na segunda edición podíanse presentar curtas con temáticas relacionadas con calquera aspecto da literatura galega. O xurado estivo formado pola produtora Sara Horta e os guionistas Eduardo Álvarez González e María dos Anxos González Refoxo.[2]

  • 1ª premio:  Nocturnio de Celanova de Raúl García Pérez
  • Premio de menores de 30 anos: Síndrome Rosalía de Fátima Peón Torres.

2013: III ediciónEditar

  • Premio mellor curta: Vaguidades de Lara Bacelo
  • Premio  curta de realizador/a ou director/a menor de 30 anos: Dende un país que nunca vin de Jairo Iglesias  

2014: IV ediciónEditar

Finalistas:

  • 1º premio: Unha muller que pasa de Xosé Bocixa
  • 2º premio: Velaquí o texto de Míriam Rodríguez Domínguez

Finalista: Portobello, porque me peta de Carlos Abeijón Martínez

2015: V ediciónEditar

- Xurado

-Finalistas

  • As primaveras do barrio do Cura de Miriam Rodríguez.
  • Negra sombra de Xoana Santos e Estela Suárez.
  • Rosalíatwitteira de Millán Castro e Marina Chiavegatto.

-Premios

  • Premio do Xurado á mellor curta da V edición Negra Sombra de Xoana Santos e Estela Suárez
  • Mellor curtas das cinco edicións: Vaguidades de Lara Bacelo

2016: VI ediciónEditar

-Xurado

  • Isabel Naveira (actriz)
  • José Manuel Sande (crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista, ademais de concelleiro)
  • Raúl Veiga (director e guionista)

-Premios

  • Mellor curta VI edición: O prezo da dote de Chus Domínguez
  • Premio Irmandades da Fala: Mira a miña pel de Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez
  • Premio Manuel María: Telexornal Manuel María de Luís Gómez Aldegunde

2017: VII ediciónEditar

-Mellor curta

  • 1º premio: Rosalía, de Rosa Taboada
  • 2º premio: Es, de Miriam Rodríguez

- Mellor curta, centros de ensino

  • 1º Premio: A grasia non era moita, do CPI Progreso de Catoira
  • 2º Premio: Has de cantar, do CEIP Bormoio – Agualada

2018: VIII ediciónEditar

Xurado do VIII Certame

  • Lucía Catoira Pan, directora de fotografía
  • José Manuel Sande, crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista
  • Raúl Veiga, director e guionista

Premios

- Mellor curta:

  • Primeiro Premio para Memoria na pedra, de Paco Paz e Lucien Petitjean.
  • Segundo Premio para Lembrar, de Diego Pazó.

- Mellor curta, centros de ensino

  • Primeiro Premio a Dióxenes, de Antón Etxeita Figueroa e Pablo Pazos Domínguez. IES Xelmírez II.
  • Segundo Premio a Fals’e traedor, CEIP Do Carballal de Marín.

2019: IX ediciónEditar

Xurado do IX Certame

  • Eduardo Álvarez, coordinador de medios audiovisuais e especialista en Lingua e Literatura.
  • Isa Risco, actriz de teatro, cine e tv.
  • Xose Antón Moure, realizador e guionista [3].

Premios

-Premio Categoría Xeral á Mellor Curta

  • 1º Premio: MULLERES MURO, a garda patética, de Pepe Galán.
  • 2º Premio: Emma Pedreira. O des-en-freo, de Daniel Chapela.

-Premio Categoría Centros de Ensino

  • 1º Premio: Rosalía, quilómetro cero, de Cristina de La Torre (IES Macías o Namorado- Padrón).
  • 2º Premio: A mellor sopa do mundo, de María Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide).
  • Mención especial: IRMAUS- Celso Emilio, alumnado de 1º bacharelato (IES María Soliño-Cangas).

NotasEditar

  1. "Bases da primeira edición". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 07 de novembro de 2011. 
  2. "Xuri da segunda edición". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de novembro de 2011. 
  3. "IX CERTAME DE CURTAS AS-PG. Obras admitidas » Caderno Xeral". bitaculas.as-pg.gal. Consultado o 2019-12-18. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar