Cristal Méndez Queizán

cantante e poeta galega

Cristal Méndez Queizán, nada en Vigo o 6 de outubro de 1964, é unha cantante e poeta galega[1]. É filla de Xosé Luís Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.

Infotaula de personaCristal Méndez Queizán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona (2000–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , poeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisXosé Luís Méndez Ferrín Editar o valor em Wikidata  e María Xosé Queizán Editar o valor em Wikidata
IrmánsOriana Méndez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viviu en Berlín, onde comezou a cantar e a compoñer. Ao seu regreso a Galicia, comezou a súa carreira como cantautora e no grupo Mar de fondo. Co grupo de jazz Crazy Coração gravou un disco de swing e bossa. Publicou poemas en revistas como Dorna ou Festa da Palabra Silenciada. En 1997 publicou o seu libro de poesìa Amizade con Mowgli, coa editorial Espiral Maior.

Dirixiu e interpretou o espectáculo de música e poesía A lei da selva (1999) que presenta no Conservatorio de Música de Vigo e a performance de canto e poesía Andamos a moer xunto con outros poetas galegos no marco do “World Poetry Day” organizado polo Pen Club da UNESCO en Galiza (2001), formando parte tamén do espectáculo colectivo de poesía Prole (2001) no Teatro Principal de Pontevedra.

Actúa tamén, como intérprete e compositora en espectáculos e montaxes teatrais como Libreacan (2002) dirixida por Amparo Murieta no teatro “Mercat de les Flors” de Barcelona, ou Cabral capricornio (2003) no que interpreta, xunto a actriz Laura Cuervo, o espectáculo baseado en textos seus e dirixido por Afonso Becerra, que se representa na noite poética de Becerreá. Presenta a performance “Tres mulleres e un sombreiro” (2010) no Auditorio do Museo do mar da cidade de Vigo no marco da presentación da revista “Festa da Palabra Silenciada”. Xunto a bailarina Mercé de Rande crea e presenta a performance Ocos (2020) na exposición "Diario de artista" do artista Buciños no C.C Marcos Varcárcel de Ourense.

Desde o ano 2000 viviu en Barcelona, onde foi profesora de canto diplomándose como Mestra na Especialidade de Educación Musical pola Universidade de Barcelona. Tamén viviu dez anos en Roma cursando alí, no ano 2011, un Master Oficial de 1º Nivel en “Artiterapie” (terapias artísticas) na universidade de Roma2. Durante este período a súa actividade profesional foi case exclusivamente o ensino de canto moderno no International Music Institute da cidade de Roma.

Paralelamente á formación académica, ten unha extensa formación musical, acadada no Estudio Escola de Compostela, dirixido por Suso Atanes (1991 a 1999), e no Taller de Musics de Barcelona (1999 a 2001) a parte dos cursos especializados en técnica vocal, como o 2º nivel Estill Vocal Training Sistems (Barcelona, 2004), "Improvisación Jazz" con Bob Stolov (Roma,2014/15) e CVT con C. Sadolín (Roma 2014).

En 2018 retorna a Galicia para se establecer no Baixo Miño e continuar coa súa actividade como ensinante de canto.[2]

En 2021 fundou co seu marido Paolo Rosi a cooperativa Maga de Voz, dedicada ao desenvolvemento e o benestar das persoas a través das artes escénicas (música, danza e teatro).

Obra editar

Obras colectivas editar

Notas editar

  1. "Galicia: mujeres poetas. Cristal Méndez". The Barcelona Review (en castelán) (44). 
  2. Redacción (20 de marzo de 2019). "Cristal Méndez Queizán imparta un obradoiro de canto para adultos coa colaboración da agrupación musical de Goián". noticiasvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  3. "Amizade con Mowgli". datos.bne.es. Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  4. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  5. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  6. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.