Obxecto astronómico

corpo físico significativo que ocorre de forma natural no universo
(Redirección desde «Corpo celeste»)

Un obxecto astronómico é unha entidade física significativa, unha asociación ou estrutura da que a ciencia confirmou a súa existencia no Universo.[1] Iso non significa necesariamente que a ciencia actual non refute a súa existencia no futuro (dependendo dos coñecementos astronómicos existentes nese momento). Algúns obxectos astronómicos, como Themis ou Neith, á luz dos estudos máis recentes, considérase que non existen. Outros, coma Plutón ou Ceres, son de natureza totalmente diferente do previsto con anterioridade pola ciencia. Nestes casos, a comunidade científica chega a un consenso con respecto a súa clasificación. Os obxectos astronómicos baseados en probas científicas indirectas considéranse obxectos hipotéticos.

Un obxecto astronómico pódese confundir facilmente cun corpo celeste (son os obxectos que están no ceo). O termo "corpo" indica un obxecto simple, coma un planeta, aínda que tamén podemos considerar o cinto de asteroides un obxecto astronómico. A Terra non é un obxecto ou corpo celeste (non esta no noso ceo, senón embaixo del), pero si é un obxecto ou corpo astronómico (obxecto de estudo pola astronomía).

Obxectos astronómicos do Sistema Solar por densidade

editar
Obxectos astronómicos e a súa respectiva densidade
Corpo celeste Densidade kg/
1 Terra 5 515
2 Mercurio 5 427
3 Venus 5 204
4 Marte 3 934
5 Neptuno 1 638
6 Sol 1 409
7 Xúpiter 1 326
8 Urano 1 290
9 Saturno 687

Galería de imágenes

editar
  1. Task Group on Astronomical Designations from IAU Commission 5 (abril 2008). International Astronomical Union (IAU), ed. "Naming Astronomical Objects". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2010. Consultado o 4 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Sistema Solar Obxectos extrasolares
Obxectos simples Obxectos compostos Obxectos estendidos

Ligazóns externas

editar