Cinto de Kuiper

área do sistema solar

O Cinto de Kuiper (tamén chamado Cinto de Edgeworth-Kuiper) é unha área do sistema solar que se estende desde a órbita de Neptuno (a 30 UA do Sol) ata 50 UA do Sol.

Cinto de Kuiper

A súa composición é semellante á do cinto de asteroides, pero é moito máis grande: 20 veces máis ancho e entre 20 e 200 veces máis masivo. Igual que o cinto de asteroides, consiste principalmente en corpos pequenos (restos da formación do Sistema Solar), varios planetas ananos (Plutón, Makemake e Haumea) e un bo número de planetoides que son posibles candidatos a planeta anano. Pero, mentres que os asteroides están compostos fundamentalmente de rocha e metal, os obxectos do cinto de Kuiper están compostos principalmente de volátiles (en forma de "xeo"), como metano, amoníaco e auga.

Obxectos Editar

Os obxectos do Cinto de Kuiper son coñecidos como OCK (KBO polas súas siglas en inglés, Kuiper Belt Objects) son os planetas menores que se atopan máis aló de Neptuno (Obxectos Transneptunianos, OTN ou TNO) formando un disco difuso na dirección do plano de xiro do Sistema Solar. Como todos os corpos menores, en función do seu tamaño tamén podemos distinguir planetas ananos (con tamaños suficientes para que a gravidade provoque que a súa forma se aproxime á esfera, todos os confirmados no cinto de Kuiper con diámetros maiores de 1000 km) e obxectos de tamaño inferior que non fosen clasificados como cometas.

Os obxectos clasifícanse en función da súa órbita:

1. Clásicos ou cubewanos (do nome do planeta menor 1992 QB1, primeiro descuberto da súa clase): son planetas menores con órbitas distantes a Neptuno e que non teñen relación co seu movemento.

2. Resonantes: son planetas menores con órbitas de períodos que presentan unha relación co período neptuniano que se pode expresar como unha fracción de números enteiros, por exemplo 1:2, 2:3... Así, por exemplo Plutón e outros planetas menores presentan unha relación 2:3, e por ser o primeiro descuberto e mellor coñecido Plutón, reciben o nome de plutinos.

Dentro do Cinto de Kuiper coñécense varios obxectos cun diámetro de case ou de máis de 1.000 km (aínda que existen un alto rango de incerteza):

Notas Editar

  1. T.L. Lim, J. Stansberry, T.G. Müller (2010). "“TNOs are Cool”: A survey of the trans-Neptunian region III. Thermophysical properties of 90482 Orcus and 136472 Makemake". Astronomy and Astrophysics 518: L148. Bibcode:2010A&A...518L.148L. doi:10.1051/0004-6361/201014701. 
  2. John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (20 de febreiro de 2007). University of Arizona, Lowell Observatory, California Institute of Technology, NASA Ames Research Center, Southwest Research Institute, Cornell University, ed. "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". Consultado o 17 de xullo de 2008. 
  3. Pedro Lacerda; Jewitt, David C. (2007). "Densities of Solar System Objects from Their Rotational Light Curves". The Astronomical Journal 133 (4): 1393. 
  4. J. Stansberry, W. Grundy, M. Brown; et al. (17-04-20087). University of Arizona Press, ed. "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope" (abstracto). The Solar System beyond Neptune. Consultado o 04-08-2008. 
  5. John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2008). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". En M. Antonietta Barucci, Hermann Boehnhardt, Dale P. Cruikshank. The Solar System Beyond Neptune (pdf). University of Arizona press. pp. 161–179. ISBN 0-8165-2755-5. arxiv:astro-ph/0702538v2. 
  6. W. R. Johnston (17-09-2008). "TNO/Centaur diameters and albedos". Consultado o 28-07-2010. 
  7. John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". University of Arizona, Lowell Observatory, California Institute of Technology, NASA Ames Research Center, Southwest Research Institute, Cornell University. Consultado o 18-11-2008. 
  8. Cruikshank, Dale P.; Stansberry, John A.; Emery, Joshua P.; e seu equipo. (2005). "The High-Albedo Kuiper Belt Object (55565) 2002 AW197". The Astrophysical Journal 624 (1): L53–L56. doi:10.1086/430420. Consultado o 28 de xuño de 2008. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar