Plutino
Os plutinos son obxectos transneptunianos que están en resonancia orbital 3:2 con Neptuno. Isto significa que efectúan dúas órbitas arredor do Sol no mesmo tempo que Neptuno realiza tres órbitas. Por este motivo, aínda que crucen a órbita do planeta xigante, esta non os pode expulsar gravitatoriamente.
Como esta característica a comparte Plutón, estes corpos denomínanse plutinos ("pequenos plutóns"), do nome en inglés do planeta anano.
Os plutinos forman a parte interior do cinto de Kuiper. Aproximadamente a cuarta parte dos obxectos coñecidos do cinto de Kuiper son plutinos.
A familia dos plutinos
editarA seguinte listaxe corresponde a algúns dos obxectos da categoría dos plutinos:
Obxecto | semieixe maior (a) UA |
excentricidade (e) | inclinación (i) Graos |
perihelio (q) UA |
afelio (Q) UA |
---|---|---|---|---|---|
(15875) 1996 TP66 | 39,71 | 0,34 | 5,7 | 26,38 | 53,05 |
(19299) 1966 SZ4 | 39,82 | 0,26 | 4,7 | 29,57 | 50,07 |
1996 RR20 | 40,05 | 0,19 | 5,3 | 32,55 | 47,55 |
(15788) 1993 SB | 39,55 | 0,32 | 1,9 | 26,91 | 52,18 |
(15789) 1993 SC | 39,88 | 0,19 | 5,2 | 32,24 | 47,52 |
(385135) 1993 RO | 39,61 | 0,20 | 3,7 | 31,48 | 47,73 |
1993 RP | 39,33 | 0,11 | 2,8 | 35,00 | 43,66 |
(15810) 1994 JR1 | 39,43 | 0,12 | 3,8 | 34,76 | 44,11 |
(15820) 1994 TB | 39,84 | 0,32 | 12,1 | 27,05 | 52,63 |
1995 HM5 | 39,37 | 0,25 | 4,8 | 29,48 | 49,26 |
(24952) 1997 QJ4 | 39,65 | 0,22 | 16,5 | 30,83 | 48,47 |
1995 KK1 | 39,48 | 0,19 | 9,3 | 38,67 | 46,98 |
(20108) 1995 QZ9 | 39,77 | 0,15 | 19,5 | 33,70 | 45,85 |
1995 YY3 | 39,39 | 0,22 | 0,4 | 30,70 | 48,08 |
(118228) 1996 TQ66 | 39,65 | 0,13 | 14,6 | 34,59 | 44,71 |
Plutón | 39,61 | 0,25 | 17,17 | 29,58 | 49,30 |
Características especiais dalgúns plutinos
editar- (32929) 1995 QY9: cruza a órbita de Neptuno sen achegarse nunca ao planeta. Esta particularidade compártena algúns outros plutinos;
- (15836) 1995 DA2 está en resonancia orbital 4:3;
- (47171) 1999 TC36 é, como a parella Plutón-Caronte, un obxecto binario;
- 28978 Ixion, duns 1200 km de diámetro, foi durante algúns meses o planetoide máis grande coñecido.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- The plutinos (en inglés)