Corcubión

concello da comarca de Fisterra, na provincia da Coruña
(Redirección desde «Corcubionés»)

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Modelo:Xeografía políticaCorcubión
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°56′45″N 9°11′36″O / 42.945833333333, -9.1933333333333Coordenadas: 42°56′45″N 9°11′36″O / 42.945833333333, -9.1933333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalCorcubión Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.647 (2023) Editar o valor em Wikidata (250,3 hab./km²)
Lingua usadalingua galega Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie6,58 km² Editar o valor em Wikidata
Santo padrónMarcos o Evanxelista Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Ínsua Ínsua Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Corcubión Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15130 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15028 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcorcubion.info Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 1.590 habitantes (1.803 no 2010, 1.912 no 2006, 1.927 no 2005, 1.964 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «corcubionés».

Censo total 2020 1.590 habitantes
Menores de 15 anos 155 (9.75 %)
Entre 15 e 64 anos 1.014 (63.77 %)
Maiores de 65 anos 421 (26.48 %)
Evolución da poboación de Corcubión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1.551 1.613 1.581 2.114 1.964 1.803 1.767 1.731 1.654 1.672 1.655 1.606 1.592 1.578 1.589 1.590
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

Corcubión aséntase sobre unha pequena península que, con forma rectangular e rodeada polo concello de Cee, penetra no océano Atlántico entre a enseada de Estorde e a ría. Neste pequeno territorio os relevos máis elevados roldan os 150 e 200 m. de altitude, localizándose no centro da península, desde onde descenden cara ao mar. Na ladeira orientada ao mediodía, ao abrigo dos ventos e temporais, esténdese a vila de Corcubión.

A costa é fundamentalmente rochosa, coa excepción do tramo correspondente á ría que, por esta beira, comeza no Cabo de Cee e onde, tras un sector de costa alta onde se atopa o castelo do Cardeal, atopámonos na praia de Quenxe e a continuación o porto da vila. Este terreo, antes con máis espazo cultivado, está recuberto principalmente por unha espesa masa forestal (piñeiro e eucalipto)

 
Vista desde A Mariña.

Partido xudicial editar

É cabeceira do Partido xudicial de Corcubión, que abarca os municipios de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. O municipio de Carnota tamén se inclúe na zona electoral de Corcubión nas eleccións para a deputación provincial.

Economía editar

A estrutura económica é moi sinxela e vén determinada pola función administrativa, por iso é polo que a distribución da poboación activa mostre un predominio do sector terciario. O ostentar a cabeceira de partido xudicial favoreceu a existencia dunha serie de servizos como notaría, rexistro da propiedade, salas de xulgado, oficina de extensión agraria, recadación etc. Tamén é destacable a importancia dos servizos relacionados co turismo para o cal o municipio, e en xeral toda a zona, ofrece unhas condicións naturais moi atractivas.

A economía local compleméntase con algunhas pequenas industrias que, xunto coas do concello veciño de Cee, dan emprego ao resto da poboación activa. Con relación ao porto, tradicionalmente pesqueiro e comercial, viu reducida a súa actividade a un escaso tráfico pesqueiro.

Patrimonio editar

O máis destacado é o conxunto de casas que, situadas no casco antigo, constitúen unha bela mostra de arquitectura civil e reflexo do auxe económico que viviu a vila durante o século XVIII, data na que foron construídas a maioría delas.

O edificio da casa consistorial foi custeado polo emigrante José Carrera en 1924, coa intención de facer un asilo e unha Escola de Artes e Oficios. Foi deseñada por Eduardo Rodríguez seguindo a tipoloxía dos colexios da época: a partir dun corpo central cadrado, desenvólvense as dúas ás simétricas, acollendo cada unha as diferentes aulas para rapaces e rapazas respectivamente. O espazo central estaba marcado pola capela, estando o andar superior ocupado polas vivendas.

A fachada consta dun corpo central máis avanzado, enmarcado por dous pares de pilastras corintias que actúan como contrapunto vertical fronte á horizontalidade que impón o volume das ás. O acceso ao edificio realízase a través dunha escalinata central con dúas ramplas laterais.

O edificio foi remodelado en 1967 e ampliado en 2001.

O castelo do Cardenal atópase en punta Pión, fóra do núcleo, na estrada que percorre a costa.

A súa construción comezou en 1741 baixo a dirección de La Ferriere, sendo rematado por Francisco Llovet e Carlos Lemaur. Na actualidade é unha propiedade privada.

A súa misión era defender a entrada da ría xunto co castelo do Príncipe, na Ameixenda (Cee). Forman parella, permitindo mediante fogo cruzado a defensa da ría. Estaba fortificado con doce canóns montados, e tiña capacidade para noventa e seis homes. A tradición oral fala dunha cadea que uniría as dúas fortificacións, esta ao ser tensada impediría o paso das naves inimigas.

A igrexa parroquial de San Marcos de Corcubión é orixinariamente románica do século XII, pero nela predominan os elementos góticos.

A igrexa parroquial de San Pedro de Redonda é románica do século XII, con pinturas tardías (século XVII) na bóveda e o muro da ábsida.

A capela do Pilar foi construída en 1931. De estilo ecléctico, foi mandada edificar por Pilar Hermida Orbea como dependencia anexa ao Asilo de Anciáns Pobres Desamparados, que fora construído en 1925 en memoria do seu home, Emilio Alonso. A nave presenta unha planta rectangular, con nave única e unha pequena sancristía detrás do presbiterio. O edificio foi rehabilitado en 1989 polo Concello para ser auditorio municipal, pero a posterior construción da Casa Da Cultura relegou á Capela do Pilar desta función.

A capela de Santo Antón foi erixida en 1684 por Domingo Durán e reconstruída en varias ocasións.

É un pequeno templo de estilo barroco, de planta rectangular cunha capela maior que ocupa a súa totalidade, e cuberta de madeira a dúas augas con tella. No interior consérvase do primitivo retablo unha imaxe policromada de Santo Antón, datada no último terzo do século XVII.

Forma conxunto cun cruceiro do século XVIII.

Festas editar

 
Representación durante a XIII feira medieval.
  • San Marcos, 25 de abril. A imaxe do patrón local é sacada en procesión desde a igrexa de San Marcos polas rúas da vila. Festa local en Corcubión.
  • San Pedro, 29 de xuño. Romaría popular no campo de San Roque, nas proximidades da igrexa de San Pedro de Redonda.
  • A Virxe do Carme, 16 de xullo. En Corcubión, vila historicamente mariñeira, sácase en procesión pola ría á patroa dos pescadores. Os participantes nesta festividade poden subir aos barcos e acompañar a Virxe na súa procesión.
  • Feira Medieval, terceira fin de semana de xullo. Durante unha fin de semana, Corcubión convértese por uns días nun mercado medieval. A xente da vila participa nesta festa decorando os espazos públicos e vestíndose con roupas da época.
  • A Virxe das Mercedes, 24 de setembro. Festa de gran tradición popular na vila, as Mercedes serven para se despedir do verán.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Corcubión

Corcubión (San Marcos) | Redonda (San Pedro)

Lugares de Corcubión editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Corcubión vexa: Lugares de Corcubión.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar