Redonda, Corcubión
San Pedro de Redonda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 213 habitantes (122 mulleres e 91homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.
Redonda | |
---|---|
![]() Igrexa de San Pedro de Redonda | |
Concello | Corcubión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′18″N 9°12′13″O / 42.92166667, -9.20361111 |
Poboación | 213 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Pedro de Redonda é románica do século XII, con pinturas tardías (século XVII) na bóveda e o muro da ábsida. A fachada que presenta un esquema pentagonal e ten un arco de medio punto apoiado no muro. A decoración exterior ten motivos vexetais. Destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz. No interior hai retablos con imaxes. Hai unha talla gótica de San Pedro duns 40 cm, e outras imaxes da Virxe das Mercés, a Virxe do Carme, San Xoán Bautista e a Virxe do Rosario. Forma conxunto co camposanto e un cruceiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Redonda
editarLugares da parroquia de Redonda no concello coruñés de Corcubión | |
---|---|
A Amarela | A Oliveira | Quenxe | Redonda | San Roque | O Vilar |
Parroquias de Corcubión
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Corcubión | |
---|---|