Benvido(a) á Galipedia, Vigués orgulloso de selo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 11:23 (UTC)Responder

Ola! Pois recoméndoche botarlle unha ollada a (Wikipedia:Páxina de usuario). Aí atoparás as indicacións necesarias para crear a túa propia páxina. Ten en conta que é un espazo moi persoal, así que cadaquén engade cousas diferentes: pódeste presentar, podes engadir proxectos nos que estás traballando ou tarefas que tes pendentes. Con respecto ao proxecto Babel, é moi sinxelo de utilizar. Simplemente escribes {{Babel| seguido dun código de lingua e un número que indica o teu nivel de competencia nesa lingua. As linguas maternas non necesitan número. Aquí tes máis información (Wikipedia:Babel). Outra cousa que che pode interesar para a túa páxina de usuario son as caixas de usuario. Aquí che deixo a categoría na que están todas recollidas (Categoría:Caixas de usuario). Se cadra algunha é do teu interese. Se tes máis preguntas non dubides en escribirme. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 30 de marzo de 2016 ás 13:38 (UTC)Responder
Aproveito que creaches a túa páxina de usuario para darche eu tamén a benvida, que gozcs neste proxecto de todos que é a Galipedia, e se precisas axuda ou tes calquera dúbida, non te quedes con ela, cóntanola e faremos todo o posible por axudarche, que nós tamén comezamos sen saber nada e coa axuda dos demais fomos descubrindo estes trebellos :). Así que aprovéitate de nós para avanzar cos menores problemas posibles! Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 16:56 (UTC)Responder
Boas de novo, só era para comentarche que te engadín no Modelo:Mapa de galipedistas, se non queres aparecer aí avísame e borro a edición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2016 ás 08:14 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos

editar

Ola Vigués orgulloso de selo.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2016 ás 07:12 (UTC)Responder

Permíteme insistir, compañeiro. --. HombreDHojalata.conversa 1 de maio de 2016 ás 19:48 (UTC)Responder

Lingua catalá

editar

Ola Vigués. Revertín a túa edición no artigo da lingua catalá, xa que en Baleares e Valencia fálase catalán, non valenciano ou balear. O que se fala neses dous territorios son variantes dialectais do catalán e non linguas distintas. É como se dixeramos que na Arxentina e en España fálanse linguas distintas. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de abril de 2016 ás 21:19 (UTC)Responder

Test de primalidade

editar

O artigo que creaches ten unha serie de eivas indicadas mediante marcadores de aviso. Bótalles unha ollada para arranxalo. Tamén movín o título da páxina e eliminei as ligazóns cara a wikipedia en castelán, xa que as ligazóns en vermello non son un problema, senón unha invitación para crear novos artigos na Galipedia. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 16 de abril de 2016 ás 17:22 (UTC)Responder

WikiEncontro Porto, Portugal

editar

Bos días excelentísimo usuario Vigués orgulloso de selo. No día 7/14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Se estiveres interesado manifesta a túa opinión aqui. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua   (Fala!) 26 de xullo de 2016 ás 08:15 (UTC)Responder

Windows 10

editar

Boas Vigués, o artigo Windows 10, que fixeches ti, ten o marcador de que hai que revisar a tradución, modelos e referencias, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 11:28 (UTC)Responder

Pintura barroca de España

editar

Boas de novo Vigués, o artigo Pintura barroca de España, que fixeches ti, ten o marcador de tradución sen revisión posterior, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:37 (UTC)Responder

Tamén ten ese marcador Test de primalidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:48 (UTC)Responder