Benvido(a) á Galipedia, Shinichi!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:48, 15 decembro 2006 (UTC)

Saúdo de Benvida editar

Benvido á Galipedia Shinichi. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Aproveito para preguntarche se a imaxe Image:Odconan.jpg é unha creación orixinal túa ou está baseada noutra imaxe. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:29, 18 decembro 2006 (UTC)

Grazas pola resposta. --Prevert(talk) 14:16, 19 decembro 2006 (UTC)

Parabéns editar

Ola Sinichi, parabéns polo teu traballo no artigo do Detective Conan. Quería decirche que estranoume que saíndo do manga non fixeras un apartado específico, a imaxe da serie de televisión e as películas, da obra en papel e o incluiras no inicio do artigo. Eu só teño lido algúns e non sabería como facelo. Qué che parece. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:29, 8 maio 2007 (UTC)

Imaxes editar

Ola Sinichi, xa vexo que estás a divesificar as túas edicións. De novo quero reñecer o bo traballo que comezaches a facer cos minerais. Con respecto as imaxes, semellan feitas por ti pero compre que todos os editores usemos a caixa de datos dispoñible no apartado de Cargar un ficheiro, xa que con iso aportamos todos os datos necesarios para que as imaxes e ficheiros podan pasara a formar parte do proxecto con todas as garantías de respeto aos dereitos de propiedade etc... A caixa é a seguinte:

Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

Eu que levo pouco tempo nesto o que fago é collela dunha imaxe que xa tiña feito e copiala a nova que vou subir para aforrar traballo e cambiar só os datos necesarios.

Se non actuamos así as nosas aportacións corren o risco de seren borradas polos administradores que se encargan do mantemento, ou de que saturemos aos nosos compañeiros con traballo que nos podemos facer desde un inicio. Póñoche un exemplo dunha imaxe subida por min coa caixa, que se editas podes cortar e e pegar para que poidas ver un exemplo de como se pode cubrir a caixa (dentro de moitos posibles) [1]

Sen mais anímote a seguir colaborando do mesmo xeito que o ves facendo xa que na miña opinión estás a facer un traballo moi serio e valioso. Un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 08:38, 15 maio 2007 (UTC)

Ola de novo, só quería decirche que a túa imaxe Pirita Maclada foi elexida imaxe da semana. Moi bo o traballo que estás a facer cos minerais, vese que tes unha boa coleción. Como xa hai moitas imaxes elexidas con anterioridade a túa aparecerá na portada na semana do dezaseis de xullo. De novo salientar o teu bo traballo, un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:02, 17 maio 2007 (UTC)

Ola Shinichi, acabo de facer un novo template para os minerais, Template:Mineral, tomando como referencia os teus artigos sobre minerais. Xa o engadín no artigo Sodalita, só quería avisarte sobre esto para que o uses se o ves apropiado nos artigos que fagas sobre minerais, que todo hai que dicilo, estás facendo un gran traballo. Por suposto modifica o template se cres que é necesario. Un Saúdo --BaNjO(tell me) 14:51, 20 maio 2007 (UTC)

Drobraxe ó galego editar

Ola Shinichi. Quería pedirche que me axudes a completa-la dobraxe ó galego da serie Garfield e mailos seus amigos pois non está completa. Pídocho porque ti sabes onde atopar a dita información como xa demostraches noutros artigos como: O Detective Conan ou Doraemon. Asemade, tamén poderías facer o mesmo con Código Lyoko se podes. Moitas grazas, UN SAÚDO --Toliño 20:50, 9 xuño 2007 (UTC)

Ola Shinichi. O artigo O Detective Conan froito das túas edicións (non sei se creado por ti, porque foi un IP, supoño que si) foi elixido artigo destacado de setembro. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:37, 5 xullo 2007 (UTC)

Para ser exactos na elección participaron: Lansbricae, Xosé, Toliño, Albert. Quero dicir que foi unha escolla de todos. Outra vez parabéns. A primeira entrada e elixida destacada, ten mérito! Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:19, 5 xullo 2007 (UTC)

Felicitacións! editar

Ola Shinichi. Permíteme felicitarte polas teu gran traballo, sobre todo no campo dos minerais, que fai bastante falta. Por outro lado, parabéns polo artigo do Detective Conan, realizaches un gran traballo. Sen máis un saúdo Resorte(Algo que obxectar?)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:37, 25 novembro 2007 (UTC)

Ola Shinichi. Paréceme moi interesante o traballo que fixeches nesta imaxe (e mais noutras). Agora ben, non sei se coñeces o texto de Commons:Commons:Obras derivadas ou Wikipedia:Política de uso de imaxes#Obras derivadas.

É evidente, así o dis (feito por min en 2007), que a imaxe, a obra derivada é realizada por ti; pero ¿a imaxe do mar da que partes tamén é túa? Se fose unha escena de "Mareas vivas", o resultado final tería dereitos de autor. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:37, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • Grazas. Incorporarei ese dato á imaxe para que ninguén volva preguntar e darche a lata. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Shinichi. Coloquei a ligazón á orixe desta imaxe e cambieille a licenza pola mesma que ten a orixe, pois non percibo que poida ser unha obra derivada. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:26, 1 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario editar

Ola Shinichi. Xa vai un ano desque que comezaches a editar a entrada do detective Conan e todas as que viñeron detrás. Chego con retraso porque foi o 14 de decembro aínda así quero felicitarte polo aniversario e darche as grazas polas colaboracións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:53, 10 febreiro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)