Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2019 ás 13:55 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Sararioss. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2019 ás 10:03 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Sararioss.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 23 de maio de 2019 ás 22:11 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Sararioss.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xuño de 2019 ás 15:21 (UTC)Responder

Posible violación de dereitos de autoría editar

Ola, Sararioss, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema con algunhas das túas contribucións, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 19 de xuño de 2019 ás 16:23 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2019 ás 19:07 (UTC)Responder