Benvido á Galipedia, Sabadelhe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:51, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Referencias editar

Para levar a cabo cambios substanciais, cómpre que o fagas acompañando as afirmacións de referencias. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:51, 28 de novembro de 2010 (UTC)

  • Tiven que reverter a túa edición, Sabadelhe.[1] Cómpre que te cingas a contidos enciclopédicos, e que os acompeñes de referencias. Ten en conta que isto non é unha guía turística. Un saúdo, e se quedas con dúbidas non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 23:02, 28 de novembro de 2010 (UTC)
Corrixinche a lingua e pedin referencias concretas.[2] Por favor, achégaas. --Atobar (conversa comigo) 23:19, 28 de novembro de 2010 (UTC)
  • ola atobar.Empecei hai pouco na wipedia. Gustariame facer un apartado completo para a costa da morte, e gustariame saber que cousas van ben e cales non, por exemplo, porqué non engadir as praias surfeiras e si os puntos de interese etnografico cando e todo sobre a zona? agradezo as correccións e os consellos.

ainda teño que mirar ben como usala wikipedia, a taboa de naufráxios, por exemplo, comeceina hai tempo e hei de rematala. Sobre as referencias, que teño que facer? unha aperta —o anterior comentario sen asinar foi feito por Sabadelhe (conversacontribucións)

Ola, Sabadelhe. Ten en conta que para falar con outro usuario cómpre deixarlle mensaxe na súa páxina de conversa, é o único modo que lle salte o aviso de que ten mensaxe nova. Sobre o que lle preguntas a Atobar, vaille botando unha ollada a Wikipedia:Guía, que seguro que che será útil. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:54, 29 de novembro de 2010 (UTC)

  • Sabadelhe, as referencias son imprecindíbeis. Le a guiía de edición e aí tes todos e cada un dos puntos para editar. Ninguén nace aprendido e por ese motivo é moi recomendado que antes de seguir chantando contido sen formato (que obriga a que outros teñan que ir detrás corrixíndocho) probes a editar na zona de probas, que temos precisamente habilitado para os novos usuarios. Ti peneira ben as normas e vai experimentado, e para cousas concretas pregunta, que che haberemos axudar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:01, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Ola, Sabadelhe. Creo que deberías reparar en que iso é unha enciclopedia, é dicir, a finalidade principal do noso traballo é crear páxinas cun contido que resulte útil ó lector que as consulta. No teu traballo eu vexo a intención contraria: a de encaixar contidos nun artigo, con independencia de se iso resulta nunha mellora dese artigo. Coñezo ben a Costa da Morte e hai moitas cousas dela que me impresionan, pero iso non xustifica que se edite o seu artigo sen xeito nin dereito. Por favor, consulta Wikipedia:O que a Wikipedia non é antes de pretender ampliar o artigo sobre a Costa da Morte, non quero verme obrigado a solicitar que sexa protexido. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:24, 30 de novembro de 2010 (UTC)