Benvido(a) á Galipedia, Raulsalgado!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 15:24, 1 novembro 2008 (UTC).

Grazas por contribuír, se tes algunha dúbida non dubides en preguntar--Hugo22 16:58, 1 novembro 2008 (UTC).

O artigo Doniños xa existe, traslada a información a Doniños, Ferrol--Hugo22 17:04, 1 novembro 2008 (UTC).

Libro de estilo editar

Ola Raul! Vexo que estás a facer un enorme traballo na redacción de novos artigos. Vou tentar darche uns consellos para evitar darlle traballo a outros editores para adaptar os teus artigos ás normas de estilo. Principalmente debes engadir ligazóns internas, pór categorías e colocar interwikis. Para aprender a facer todo isto podes visita-lo Libro de estilo, como editar unha páxina e como pór un interwiki e en xeral unha visita á Axuda. Recomendaríache, pois, que antes de continuar creando artigos solucionaras os problemas que presentan os xa creados. CAlquera dúbida ou problema non dubides en contactar comigo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:04, 1 novembro 2008 (UTC)

Copyright editar

Ola, Raulsalgado. É unha das normas da wikipedia que os contidos que nela se atopan son libres e poden ser usados por calquera. Pero para que isto sexa así, non poden incluírse na wikipedia contidos textuais ou imaxes que xa teñen un copyright anterior. É o caso do artigo sobre Fernán Pérez de Andrade, onde incluíches contidos literais de Pontedeume online. Por esa razón tiven que borrar o artigo. Se tes calquera dúbida eu, ou calquera outro usuario, pode botarche unha man. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 23:57, 2 novembro 2008 (UTC),