Arquivo de mensaxes antigas do usuario RNC:
Do 9 de novembro de 2008 ao 18 de outubro de 2009
  1  

Galiza/UPG editar

Con respeito ás modificacións. É impropio dunha enciclopedia que a única descrición (breve) que esta faga da maneira de ser dun partido sexa a definición dun dos co-fundadores (termo axeitado fronte ao de fundador). Non sería exorbitante incluír a devandita definición, se a alusión enciclopédica ao partido fose moito máis estensa e incluíse opinións ou definicións (de facto diverxentes) doutros co-fundadores tamén vivos. Mais desde logo, o que non lle debería faltar é un elemento absolutamente obxectivo: a definición que de si mesmo fai o propio partido nos seus textos desde a súa fundación, aínda que como sería efectivamente lóxico, se explicite que esta é a definición que o partido fai de si mesmo, e así; xa que logo, eliminiariamos a posíbel descrición particularista ou subxectiva. Cómpre decatarse de que outorgarlle a autoridade dunha breve definición a unha persoa é totalmente subxectivo, caendo no erro de dárlle esa autoridade á unha persoa pola importancia política que tivese nese tempo nesa organización, pois estariamoslle dando igualdade á opinión que pode ter Méndez Ferrín (como co-fundador) coa que pode ter Pedro Luaces (ex-secretario xeral). Por tanto vexo correcta, e máis axeitada, a miña modificación no caso de se incluir que esa e a auto-definición que fixo e fai ese partido.--Miguel.baleato

Xavier Lama editar

Teño falado co autor, amigo persoal, que lle vou facer unha biografía en condicións, tendo en conta os erros que contén esta. Elimino o dato que ti puideches comprobar porque está mal redactado o título do libro e porque remite a unha páxina web que entendo que ofrece unha versión absolutamente sesgada do que correu cun premio literario, atendendo á versión dunha das partes que se adiantou ó fallo do xurado por unha filtración. Isto témolo falado el e máis eu, e ademais ese poemario de Estévez no só estaba publicado nun blog creado ex-profeso para a elaboaración dos poemas, senón tamén na súa páxina web e eu mesma puiden comprobar que algúns dos poemas posteriores xa estaban publicados en libros colectivos e mesmo nunha antoloxía súa editada nunha popular colección que deu ó prelo o grupo Correo Galego. Iso é algo que o propio Xavier Lama tampouco ten especial interese en que se saque á luz, porque considera o tema asunto pasado. Pero se queres ter máis información pódote poñer en contacto co autor de referencia, Xavier Lama. Espero que non pretendas patrimonializar a súa biografía cando o biografiado non está de acordo co contido nin cos sesgos que lle imprimes. Moitas grazas. Se queres o meu correo electrónico, envíocho gostosa.--Manuela 23:02, 23 outubro 2009 (UTC)

Faneca e puta descalza editar

Pois si, a faneca tamén se chamou puta descalza, polo menos en Cesantes. Descalsa, para sermos fieis á fonte. Transcribo o que di Ríos Panisse en Nomenclatura da flora y faina de Galicia: "Puta descalsa: Gadus luscus (L.), Faneca: Cesantes. Etim. Desconozco por qué se le aplica este nombre. Ahora bien, teniendo en cuenta que los marineros dividen las fanecas en dos tipos fundamentalmente, la macho y la hembra, si a la macho llaman fodón (como veremos más abajo para el Gadus minutus) el correlato esperado para la faneca hembra es el de puta. También el castellano conoce este nombre: puta en cueros (Cft. Lotina, Peces III, 246)". Esta última denominación, castelá, non a puiden verificar. Pedro --Lameiro (conversa) 22:53, 29 outubro 2009 (UTC) .

Irmandades do Falo editar

Ola RNC! Verás estiven botándolle unha olladiña ao artigo Irmandades do Falo e marqueino como sospeitoso de estar a infrinxir as regras de creación dos artigos por non ter relevancia enciclopédica e facer apoloxía partidista dun grupo que ao meu ver nin é famoso nin relevante e, xa que logo, non debería estar na Galipedia. Mais como tampouco estou moi douto nestas leas querería que me deses a túa opinión ao respecto, porque segundo sei es un dos administradores, non si? Grazas por adiantado. Saúdos! --Nonso91 00:01, 9 novembro 2009 (UTC)

Re: Bot (Moldavia) editar

Ola RNC. Síntoo, non quero contrariarte, pero só poño a funcionar o bot cando teño claro o cambio, e aínda así ás veces trabucome. Non me vou poñer a debatilo porque non quero empantanarme nunha desas conversas sen saída pero lembro ter consultado varias referencias que recollen Moldova e mesmo teño atopado erros nos dicionarios nesas fontes indirectas como a que citaches ti. Así que mentres non haxa unha referencia máis sólida (quero dicir unha referencia directa) non podo poñer o bot a facer esa mudanza. Por suposto, iso non quere dicir que me vaia opoñer a que outro bot, colaborador ou ti mesmo fagades o cambio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:04, 11 novembro 2009 (UTC)

  • Xa está borrada Moldavia para que movas as páxinas que sexan necesarias. Estarei atento para ir borrando segundo marques como lixo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:07, 11 novembro 2009 (UTC)
  • Se o tivera claro ten por seguro que poñería o bot a facer o cambio pero non lle vexo moito sentido que faga eu mesmo unha mudanza da que non estou seguro. Ollo non estou dicindo que eu teña razón senón que non teño a seguridade, polo de agora, para poñer o bot e facer o cambio baixo a miña responsabilidade. En todo caso hai outro bot activo ao que lle podes pedir que o faga: o de Albert galiza. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:58, 11 novembro 2009 (UTC)
  • Mañá farei a mudanza co bot, xa que o Volga e o catálogo da RAG indican tal cousa, paréceme que a mudanza pódese realizar. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 00:55, 13 novembro 2009 (UTC)
    • Xa pasei o bot polas páxinas que puiden, quedaron algunhas sen modificar porque se mudaría tamén o nome nos ficheiros e nos interwikis, así que eses hai que facelos a man. Tamén hai que cambia-la categoría, que leva o nome incorrecto. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:35, 13 novembro 2009 (UTC)

Correos editar

A palabra inglesa Post Office, que en castelán viría sendo ben Correos ou ben Oficina de Correos, que correspondencia tería en galego? Vexo por aí que correos como tal non o contempla a RAG. A ver se me resolves a dúbida, RNC. Un saúdo e grazas. --Atobar (conversa comigo) 16:23, 11 novembro 2009 (UTC)

Entendo. Eu pensara que se cadra Post Office pode verquerse ao galego como Oficina postal, o que pasa é que esa oficina postal ten máis traza de ser unha oficina concreta, é dicir, únha estafeta, e non o servizo de correos a nivel global. Poida que a mellor solución pase por referirse a isto como Servizo de Correo (con dúas maiúsculas?), pois o texto que me ocupa fai referencia ao que vén sendo o entramado de Correos dos EUA. Moitas grazas, coma sempre, RNC. --Atobar (conversa comigo) 16:44, 11 novembro 2009 (UTC)
A historia transcorre nos EUA, pero iso non te relevancia no que se refire á empresa. É Servizo de Correos, estou bastante seguro. Cando se refira a unha post ofiice en particular (e con minúsculas) non teño problema, porque aí lle acae estafeta case sempre. O devandito: Servizo de Correos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:01, 11 novembro 2009 (UTC)

Feito. Tes bo ollo. A ver se así nos vale. Saúde.   Sobreira (parlez) 16:30, 14 novembro 2009 (UTC)

El Refugio de la cultura editar

O que estás descubrindo é francamente grave xa que non se trata de erros senón dun propósito claro de mentir. A inclusión consciente de datos falsos só pode obedecer á vontade de prexudica-la Galipedia. Tal como o expresas quizais xa existan motivos para borrar tódalas contribucións deste usuario, advertir ás outras wikipedias (nas que escribiu o mesmo) e o seu bloqueo definitivo. Eu só puiden comprobar -na GEG- que o tal Manuel Comellas existiu, pero resúltame chocante que na web a única información sobre él é a que procede das wikipedias ou dun blog do propio Refugio da Cultura [1]. Por certo, que neste blog inclúe un poema de Comellas que outras webs din que é de Francisco Añón, cousa que el -o Refuxio- nega. Vou advertir ós outros administradores para que estean atentos. Saúdos e grazas polo traballiño que levas. Pedro --Lameiro (conversa) 00:18, 17 novembro 2009 (UTC)

Nova Galicia editar

A bandeira anterior é a orixinal, se segues a vandalizar artigos pedirei o teu bloqueo, se tes fontes verificables e fiables engádeas ao artigo pero repito o contrario podería ser considerado vandalismo reiterado. --Keepscases 22:49, 18 novembro 2009 (UTC)

Repítocho engade a referencia da nova bandeira, caso contrario non sigas, por favor, dígocho por última vez non vimos aquí a xogar. --Keepscases 22:53, 18 novembro 2009 (UTC)
Ficheiro:Bandera de Nueva Galicia.png referencia da nova bandeira???. --Keepscases 22:54, 18 novembro 2009 (UTC)

Aqui teño unha fonte da aprovación da bandeira do estado de JaliscoSimbolos de Jalisco, mas non existe refencia dixital para a bandeira da Nova Galicia, eu dígocho que as cores son da bandeira mais antiga que existe en Guadalaxara, saludos desde México!. --Marrovi 19:42, 23 novembro 2009 (UTC)

Outras ligazons en Wikipdia:

Sigo buscando mais información que poda referenciar aos artigos, la bandeira existe pero ten ambigüedade.Bandeira de Guadalajara, Jalisco. --Marrovi 02:44, 25 novembro 2009 (UTC)

RE:anchoa e bocarte editar

Efectivamente, adoita darse o nome de bocarte ó peixe e de anchoa á súa presentación en conserva (semiconserva, se queremos ser exactos), pero non é algo fixo. De feito, a Resolución de Pesca que regula as denominacións das especies pesqueiras en España (Resolución de 4.03.2009, BOE 2.04.2009) utiliza os tres nomes como equivalentes (anchoa, boquerón, bocarte). Un RD de 1984, que establece as denominacións para produtos conservados (e que segue en vixencia), di que anchoa é "cuando en el proceso de conservación se pasa por una fase de maduración" e deixa boquerón e bocarte para o peixe sen conservar. Supoño que nalgures poden utilizarse os tres para o peixe pero -en todas partes- só o de anchoa para a conserva. Ríos Panisse di que "La denom. anchoa se registra, en toda Galicia, pero para designar al animal después de llevado a la fábrica y puesto en salmuera" e só recolle, como recolleita de campo, bocareu e bocarte. Constantino García sí que recolle anchoa, en Sada, Escarabote e no Grove, e quizais deste localismo veña a miña idea de que, na práctica, sonche sinónimos; de feito, se preguntas a San Google por "pesca de anchoa" (é dicir, aínda viva) aparecen milleiros de páxinas. Pero, seguindo a teoría de dicionarios, o hábito e a lexislación que indico, creo que ben se pode asumi-la diferenza que estableces. Pedro --Lameiro (conversa) 20:11, 24 novembro 2009 (UTC)

Correo editar

Boa noite, RNC. Deixeiche un e-mail no teu correo da wiki facéndoche unha consulta. Avísocho aquí por se resulta que non mires esa conta de correo con frecuencia, para que o saiba. Máis nada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:01, 28 novembro 2009 (UTC)

Manuel Comellas Coímbra editar

Ola. En vista das súas dúbidas acerca da verificabilidade dos datos aportados por min no artigo de Manuel Comellas, procurei eliminar todo aquilo que non fose verificable e imprescindible. Asemade aproveito para dicirlle que, obran en mi poder en PDF as obras do autor que aparecen no artigo, polo que me gustaría que non fora tan radical propoñendo o borrado da páxina, tendo en conta, que, aunque e un autor menor do rexurdimento, non deixa de ser unha persoa que ha dedicado toda a sua creacion literaria a prol do noso país e a nosa lingua

Un cordial e afectuoso saúdo.--El refugio de la Cultura 20:03, 4 decembro 2009 (UTC)

RE: Corrixir editar

O que non quero é que me corrixan o que EU redactei pola sinxela razón de que a outro usuario lle pete cambiar a conxugación dos verbos sendo a miña expresión normativa. O que faga noutros artigos non é cousa miña, pero no que escribo eu non quero que me cambien as cousas por mor dun antollo. Se é incorrecto o que escribo, perfecto, acepto a correción con moito gusto, pero non se o que escribo está correctamente expresado. --Silverfox 21:37, 4 decembro 2009 (UTC)

RE: Corrixir editar

A ver, eu acepto as críticas. Non gaño nada por redacatar un artigo, pero gústame de proporcionar información en galego. Se escribo algo mal, ou o estilo é incorrecto, paréceme necesario un aviso, unha suxerencia ou algo, e non un cambio polas boas sen explicar porque. Se ves as miñas contribucións sempre procuro avisar aos usuarios axeitados para ver se están de acordo ou non. Sen máis, un saúdo.--Silverfox 22:11, 4 decembro 2009 (UTC)

Manuel Comellas Coimbra editar

Grazas por contestar.

Estiven retocando as referencias, indicando donde as atopei, asi como engadir novas referencias que tiña xa localizadas pero non estaban postas.

Finalmente, tras ler a mensaxe que me deixou na conversa, deume a impresion de terlle ofendido. Laméntoo se é así, pois a mensaxe que lle puxen onte na súa conversa ía con todo respeto cara a vd.

Mis mais sinceras desculpas.--El refugio de la Cultura 10:31, 5 decembro 2009 (UTC)

Mover artigos editar

Grazas, non o sabía. --HombreDHojalata Conversa comigo. 12:45, 5 decembro 2009 (UTC).

Manuel Comellas editar

Acabo de poñer a informacion que me dixestes.[2]. Redacteino como mellor puiden. Se non te gusta, redáctao como ti vexas mellor.

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 13:21, 5 decembro 2009 (UTC)

Etcétera editar

Hai pouco souben disto. Coméntocho a ver que me podes dicir. Se cadra habería que poñer un bot a traballar coas comas. No manual de Begoña González Rei Ortografía da Lingua Galega (Galinova, 2004). Neste manual dise na páxina 346: Nas enumeracións abertas, o último elemento vai precedido por coma, sen conxunción. Neste caso, a serie pode rematar con puntos suspensivos, que indican que se trata dunha relación incompleta, non exhaustiva, ou cun etcétera, normalmente abreviado, que non vai precedido de coma porque xa leva incorporada a conxunción (et caetera ‘e os outros’). Que opinas? --Atobar (conversa comigo) 16:52, 6 decembro 2009 (UTC)

  • Non teño ningún problema con que o etc non leve coma diante, nin poño en dúbida a autoridade do libro que mencionas de "Ortografía", un dos meus libros de cabeceira, pero preséntaseme unha dúbida: ¿que cabida teñen os teóricos da lingua dentro dunha páxina titulada "Normativa oficial do galego"? ¿non debería conter só o que estea contido nas Normas RAG? [conste que non lembro se isto da coma e do etc está ou non nas Normas, a pregunta é máis de procedemento que referida a este punto concreto]. O que xa non estou tan aberto é á validez deses puntos suspensivos tan antiestéticos. Pensade, pensade. Pedro --Lameiro (conversa) 17:41, 6 decembro 2009 (UTC)

Suxestión recibida, recén creado o artigo RadioVoz e eliminado no de radio unha referencia, coincido, tan longa! Unha aperta!

unha axudiña con ..... Shakespeare editar

unha axudiña con ..... Shakespeare, coma vexo que te apañas bastante ben con Shakespeare, queríache pedir que cando tiveses tempo, lle pegases unha visual ós artigos da Categoría:Urano, xa que teñen moitos nomes das personaxes das obras de Shakespeare (incluídas as propias obras) e moitos destes nomes están en inglés xa que descoñezo a súa tradución ó galego, eu de astros aínda vou controlando pero de literatura nin papa.--Xabier Cancela (fálame 17:46, 8 decembro 2009 (UTC)

Dicionarios editar

Curiosidades da vida. No Diccionario de diccionarios de Santamarina (versión 2.0, creo que de 2004) veñen dous textos explicando a edición. Un chámase "Diccionario de Diccionarios" (DdD) e outro "Os diccionarios galegos" (DG). Pois ben, o de Cuveiro ten 10.912 entradas (máis 884 lemas secundarios) segundo DdD, e 10.943 segundo DG. No de Rodríguez tamén hai discrepancias: 3.843 entradas (máis 135 lemas secundarios) segundo DdD e 3.859 segundo DG, que engade que eran 4.300 segundo o editor e 3.851 segundo Pensado. Di tamén que o manuscrito eran 3.257 entradas. Máis: o título orixinal do dicionario de Cuveiro foi "Diccionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas que figuran en códices, escrituras y documentos antiguos, términos familiares y vulgares y su pronunciación. Para la Escuela de Diplomática, anticuarios, jueces, abogados y otras personas a quienes es indispensable su frecuente uso". Xa ves. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:29, 8 decembro 2009 (UTC)

  • O DdD é un texto sen sinatura, de 114 páxinas. Os datos de Cuveiro están na px. 5 e os de Rodríguez na px. 4.
  • O DG está asinado por Antón Santamarina. Son 90 páxinas e os datos de Cuveiro están nas pp. 9-10 (o título na px. 9) e os de Rodríguez nas pp. 7-8. Concordo con pasa-lo título completo a unha nota.
  • O que xa non sei é como da-la cita do DdD. Teño o orixinal da versión 1 (para darche tódolos datos de crédito), pero non a terceira, que é a que teño no ordenador, e só sei que é de 2004. Pedro --Lameiro (conversa) 18:55, 8 decembro 2009 (UTC)
    • Tiñas ti razón co ano da terceira edición. No catálogo da USC di que é do 2003 [3]. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:15, 8 decembro 2009 (UTC)

Nova Zelandia editar

A ver se mañá ou pasado poño o bot a funcionar. Pero non sei se quedarán algúns artigos sen mudar por culpa dos interwikis. Xa che comentarei. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:41, 9 decembro 2009 (UTC)

No niego la porbeza de mi gallego, pero no creo que tenga demasiados errores. Estuve comprobando que fueran palabras gallegas aquellas que pensé que podrían ser castellanismos. Te ruego corrijas la versión que hice si no está demasiado mal. --85.54.139.11 18:01, 10 decembro 2009 (UTC)
Entonces no es por la lengua (faltas de ortografía), sino por lo que dice. Es una traducción del castellano. En ese caso, te pido borres la frase en cuestión y no tires todo el texto por eso. --85.54.139.11 18:18, 10 decembro 2009 (UTC)

Hola te escribo en español...bien eso es el artigulo de mi Arzobispo y Amigo Salvatore Nunnari...bien preguntarè a mi tutor y amigo Marrovi de ponerlo a buena traduccion♥..gracias en antelacion♥--Lodewijk Vadacchino 18:50, 10 decembro 2009 (UTC)

como te puedo decir...soy su catecista...de la parroquia de San Pedro Apostol en Campora San Giovanni, el se ocupa tambien de misiones entre los pais hiberico-americanos y Cosenza...pf puede mejorar el articulo en gallego? gravcias en antelacion♥--Lodewijk Vadacchino 21:05, 10 decembro 2009 (UTC)

lume, fogo e o sexo dos anxos editar

A verdade, nunca tiven claras as diferenzas, o momento no que usar unha ou outra forma. Salvo coas armas de fogo e os fogos artificiais, que están claros, o resto semellan usos sinónimos e prefiro usar lume (quizais para non correr riscos). Entrando na redacción do artigo, esa introdución paréceme ben excepto a frase "e que se coñece como fogo", que non se entende ben a qué se refire: supoño que ó proceso de combustión, pero non me queda claro.

Eu suprimiría esa frase e engadiría un parágrafo seguinte que veña dicir que lume e fogo son conceptos próximos, pero só ás veces sinónimos, e copiaría a observación do DRAG. Textualmente, a modo de cita. Cómpre facer esta relación-diferenza porque supoño que as miñas dúbidas son bastante comúns (a propia comparación das dúas definicións no DRAG dá pé a esa confusión) e tamén polo feito de que fogo redirecciona a lume, como se fose a mesma cousa. E esa última sección onde precisa os casos do uso de fogo non xustifica esa redirección. Tamén, quizais en nota a rodapé, pode ser ilustrativo un breve relatorio de exemplos de uso dunha e doutra voz.

No Gran Xerais diferencian máis, pero non sei ata que punto está xustificado. Para eles fogo é o proceso químico e lume é a chama ou labarada. Este dicionario pode ser útil á hora de buscar eses exemplos de uso. Espero que estas observacións che poidan servir de axuda. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:19, 12 decembro 2009 (UTC)

imperio español editar

Hola RNC penso que toda contribución para mellorar e unha voa cousa, agora bén cuidado cos historiadores britanicos pois non són do todo fiables a hora de xulgar os feitos españois, mais eu nón poido opinar pois descoñezco o escritor da tua referencía.Un saudo e noraboa polo teu traballo.

P.D. Este traballo non sei se te decataches pero e unha tradución da wikipedia castela e poida que non sexa do todo neutral --Alfonso Márquez 22:09, 16 decembro 2009 (UTC)

Boas RNC !
Este artigo pareceme muy importante para Galipedia e sintóo moito non poder axudarte, ¡oxalá! podas levalo a cabo coa calidade que o comezaches. Para mín pode ser candidato "Sobre Galicia", para Portada, e porque non para "Artigos de calidade". Non esquezas de pór fontes etc etc conforme as regras. A ver si logo douno porlo na WPfr. Noraboa e animate. Saúdos Elvira (conversa comigo) 11:33, 31 decembro 2009 (UTC)

Colle o tempo necesario e pide axuda a usuarios que posiblemente teñan datos. A calidade da Galipedia tamén vai polo de levar artigos sobre Galicia e a lingua galega que non poden sair tan bén doutras WP, en concreto este tipo de artigos é unha real colaboración para a WIKIPEDIA enciclopedia universal. Elvira (conversa comigo) 11:45, 31 decembro 2009 (UTC)

Aplicación - Aplicativo editar

O consenso acadouse xunto con Mancomún, o órgano da xunta de referencia en cuestións de software libre (e no campo da tradución de calquera tipo de software). Na última versión do seu Manual de localización (adaptación de software a unha lingua e cultura) xa utilizan o termo "aplicativo" ou "software de aplicación". --GallaecioE logo? 12:57, 31 decembro 2009 (UTC)

De acordo logo, utilizarei "aplicación". Asemade vou falar cos de Trasno sobre o asunto. Un saúdo! --GallaecioE logo? 13:03, 31 decembro 2009 (UTC)


Re:Non temos un artigo sobre o coro tradicional galego editar

Estou no tema o malo é que non teño moito tempo, pero os poucos espero facer aportacións sobre o tema --Carunchiño 11:44, 5 xaneiro 2010 (UTC)

Nova Australia do Norte editar

Ola. en "As miñas imaxes" vou metendo as fotografías que me gustan segundo vagheo pola rede. Unha delas pode resultar canto menos curiosa para o artigo sobre o eucalipto. Trátase dunha bandeira que teño nomeada como "Nova Australia do Norte" na que aparece un koala rodeado de follas de eucalipto. O caso é que non atopo nada sobre tal país. ¿Sabes se existe tal cousa? ¿Pode ser unha broma dalguén tipo Frikipedia? ¿Ou ten outro nome? A ver se podes sacarme de dúbidas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 7 xaneiro 2010 (UTC)

  • Si, acabo de ver que a tal bandeira está cruzada pola banda azul galega, así que semella ser de cachondeo. Pois unha mágoa. Pedro --Lameiro (conversa) 23:20, 7 xaneiro 2010 (UTC)
    • Efectivamente, esa é a bandeira da que che falo. Bonita é, pero así non me serve, claro. ¡E eu buscando como loco ese país e vendo tódalas bandeiras e imaxes que ten Commons de Australia! Bueno, que moitas grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:34, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Nomes de países editar

Ola, RNC. Teño unha dubida sobre os artigos que preceden ós nomes dos países en galego. En algún dos artigos que escribín non incluín ningún artigo antes do nome do país e isto foi corrixido colocandolle o artigo en feminino. Logo, ¿teño que poñer estes artigos ou non é necesario? e no caso de que os puxera ¿como sei se son masculinos ou femininos?. Un saúdo--AMPERIO 18:11, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Mundo celta editar

RNC, fai o favor: revisa estas edicións dun usuario novo relacionadas co mundo celta, porque a min non me acaban de convencer pero o certo é que non son ningún experto no tema. Olla sobre todo para Gaels e Breogán. A intención do editor parece boa, pero non sei até que punto as súas edicións son válidas. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 19:56, 17 xaneiro 2010 (UTC)

RNC, ti que sabes destas cousas, revisa de novo o artigo de Breogán e a ver se podes dalgunha maneira comprobar as fontes (olla de paso para a converso que manteño co editor Suarez ruibal sobre dunha delas). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:46, 20 xaneiro 2010 (UTC)

Non teño inconvinte en remitir calquer artigo mencionado, agora ven, depois de visitar o traballo do usuario atobar levo a desagradabel sorpresa de que o seu artigo epidemiloxia, carece da mais mínima referencia, e como ben sabes a galipedia non e unha fonte primaria, polo que descoñezo a teima que ten co meu traballo, cando non aplica as reglas ao propio--Suarez ruibal 08:36, 21 xaneiro 2010 (UTC)

En calqueira caso, despois de observar os teus comentarios comprendo a tua actitude no tema da cultura celta, agora ben, o xenoma human, en concreto a historia xenética do cromosoma Y e un feito cientifico.--Suarez ruibal 08:41, 21 xaneiro 2010 (UTC)--Suarez ruibal 08:41, 21 xaneiro 2010 (UTC)

Coherencia de títulos editar

Eu é que mirara no dicionario da editorial "ir indo", que é o que adoito consultar, e ven "de Xapón". Con todo acabo de mirar no antigo da RAG e ben "do Xapón". Así que desculpas por movelos sen mirar máis fontes antes, non sei se prima antes o da RAG que o outro dicionario, senón penso que se debería debater cal usar.--Adorian (fálame) 16:15, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Cuestión de lingua editar

RNC, a ver se me sacas dunha dúbida. En galego, cando falamos de Vuestra Alteza, temos que o facer como A Vosa Alteza, Vosa Alteza ou a Vosa Alteza. Un exemplo, este de aquí. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 19:21, 18 xaneiro 2010 (UTC)

  • Entendo. Outra cousa: nun texto cuxo contexto sexa a época medieval, os señores, príncipes etc., falan aos seus criados tamén de vós? Ou soamente os criados aos señores? Ex.: -Desexades algo máis, señor? Non podédevos retirar, fulano. Isto sería o correcto, non si? Outra cousa: cando falar de 'mi señor', sería meu señor, non? --Atobar (conversa comigo) 16:26, 19 xaneiro 2010 (UTC)

María Soliño editar

Ola, compañeiro!

Dixeches "Desfixen a túa edición en María Soliño, non se pode eliminar o que fixeron outros na Galipedia para meter unha mala tradución do artigo doutra wikipedia.--RNC 15:00, 4 xaneiro 2010 (UTC)". Eu fun o autor do primeiro artigo sobre María Soliño na Galipedia. Uns anos despois, con novos dados, fixen un artigo noutra wikipedia (ne español, neste caso). É certo que a tradución foi automática do 2º artigo en español, pero foi a base sobre a que traballar eu (e os wikipedistas). Non vin correcto de todo que reverteses o meu artigo, pero non vou voltar ao artigo orixinal. Confío no teu criterio máis experto. Un saúdo! --Santycng 00:18, 16 febreiro 2010 (UTC)

Normativa oficial do galego editar

Boa noite, RCN. A ver se podes refacer o artigo da Normativa oficial do galego para que quede máis claro. Bótall unha ollada á páxina de conversa do artigo para veres a que me refiro. Un saúdo e graciñas.--Atobar (conversa comigo) 23:24, 26 febreiro 2010 (UTC)

Discusión editar

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:35, 30 marzo 2010 (UTC)

En uso editar

Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches no artigo Estandarización da lingua galega. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:54, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Estandarización da lingua galega editar

Ola, meu! Acabo de mirar que crearas hai uns anos o artigo Estandarización da lingua galega, mais nel refíreste só ao estándar escrito, e non ao oral, en proceso aínda de creación. Anímaste a completar o artigo? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 04:29, 29 de outubro de 2012 (UTC)