Dámosche a benvida á Galipedia, Prestexoan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 3 de abril de 2019 ás 18:25 (UTC)

Opinións dun pallasoEditar

Boas Prestexoan, pasei o contido do libro Opinións dun pallaso ó seu artigo Opinións dun pallaso xa que non estaba ben no artigo do seu escritor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2019 ás 07:36 (UTC)

Mapa de GalipedistasEditar

Boas Prestexoan, mira, metinche no Modelo:Mapa de galipedistas, pero se non queres que apareza aí o teu usuario, tan só tes que dicirmo, desfago a achega e non pasa nada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 14:23 (UTC)

Ligazóns externasEditar

Ola Prestexoan. Vin a túa edición en "Unión do Povo Galego" e que indicabas que non sabías ligar o voceiro da UPG nas ligazóns externas. É moi doado. Unha vez que tes o enderezo copiado no portapapeis, subliñas todo o que queiras que ligue (neste caso "Terra e Tempo: voceiro dixital da UPG"), e premes no símbolo de ligazón; verás que, por defecto che leva para que ligues a outro artigo da Galipedia, pero na parte superior tamén aparece "Ligazón externa", é aí é onde tes que pegar a ligazón copiada anteriormente. E xa quedaría ligado externamente (é dicir, fóra da Galipedia). Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 18:46 (UTC)

We sent you an e-mailEditar

Hello Prestexoan,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)