A historia de don Servando
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Historia de don Servando é unha obra de historia redactada en lingua galega durante o século XVII. Permaneceu inédita até o século XX, conservada nun manuscrito entre os fondos da Fundación Penzol.
A historia de don Servando | |
---|---|
Lingua | lingua galega |
Xénero(s) | crónica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarA obra é tamén coñecida como História Gótica, ou polo título completo Historia de Don Servando, obispo de Orense, traducida en lengua gallega y adicionada por Don Pedro Seguino, obispo también de Orense, que vivía Era 1191. Año 1153. Trasladada de sus originales en letra gótica por don Joseph Pellicer de Touar, Señor de la casa de Pellicer. Cronista Mayor de su Magestad. Año de MDCXLVI. Foi ideada polos irmáns Juan e mais Fernando Fernández de Boán, orixinarios de Sitiós (Santa Uxía de Asma) co fin de xustificar orixes nobres para ascender de escala social[1]. Ao tratarse dun falso cronicón, o seu valor como documento histórico é moi escaso. Pola contra, é unha fonte esencial para o estudo da lingua galega, ao tratarse dunha das poucas manifestacións conservadas do galego escrito no tempo dos Séculos Escuros.
Edicións modernas
editarA edición máis recente da obra foi realizada por José Antonio Souto Cabo, e publicada en Ediciós do Castro no 2007.
Notas
editar- ↑ Manuel Lamazares Rodríguez. "A historia de don Servando". Eirexe.