Benvido á Galipedia Josepalvarezperez. Para as parroquias usamos o Nomenclátor da Xunta, nel non aparecen como parroquias de Manzaneda nin Langullo nin Rozavales. Segundo o Nomenclátor son lugares das parroquias de Cesuris e de San Martiño de Manzaneda, en concecuencia os títulos dos artigos na Glipedia deben ser Langullo, Cesuris, Manzaneda e Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Por ese motivo corrixin a edición en Template:Manzaneda. Para nós é moi importante dispoñer de colaboradores dos propios concellos, grazas por axudarnos. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:09, 17 setembro 2006 (UTC)

Non foi ningunha intromisión, paréceume unha edición normal feita por un colaborador que quere mellorar o contido. Só quixen aclarar o formato que seguimos e as fontes de onde proceden os nomes das parroquias e os lugares. Moitas grazas de antemán polas aportacións que poidas facer sobre as Terras de Trives. Consideramos moi valiosas as edicións que sirven para completar e mellorar todo aquilo que nos falta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:44, 17 setembro 2006 (UTC)
  • Benvido á Galipedia PepTheVoyager: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante, cobres un espazo que ningún de nós pode cubrir. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:33, 17 setembro 2006 (UTC)

Re: Template ref-internet editar

Polo de agora non, pero resulta interesante facelo. Se tes interese en facer algo así para aquí podes contar coa miña axuda para a adpatación ou creación do sistema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:31, 25 setembro 2006 (UTC)

Ola Josepalvarezperez, esta é unha copia da mensaxe que informa do que é o Xornal da Galipedia. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:21, 25 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Josepalvarezperez. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)

Modelo montaña editar

Boas Pep, fixen uns arranxiños no modelo de montaña, o principal é que cambiei o parámetro *Aislamiento por Illamento que é o correcto. Se o usaches nalgún artigo terás que cambialo para que se amose na ficha. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2021 ás 08:58 (UTC)Responder

Serra editar

Ola, PepTheVoyager. Fixen algunhas correccións de formato no artigo Serra. Déixoche unhas ligazóns para que poidas ir axeitando ti o formato noutros artigos ás convencións da Galipedia. Se tiveres problemas, non dubides en contactar comigo na miña páxina de conversa. Por certo, modifiquei a referencia porque "serra" é unha palabra galego e cómpre a referencia da Academia galega, non da española. Saúdos e a darlle duro.

Dámosche a benvida á Galipedia, PepTheVoyager!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
  Recomendacións
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 18:50 (UTC)Responder

Ola, de novo, Pep. Non te preocupes polos erros -todos erramos- nin polas correccións que che poidamos facer -todos estamos a aprender-. Na Galipedia, estamos de acordo en que nos interesa máis a calidade que a cantidade e, por iso, ás veces, turramos moito cos formatos. Pero, como che dixen, por iso non te preocupes que se irán corrixindo. Se che parece, as ligazóns anteriores pódenche servir de guía para o formato das diversas seccións dos artigos pois non son, exactamente, as mesmas que na wiki española ou a catalá. Respecto da lingua, tamén se irá corrixindo. Un consello: unha vez premes "publicar", a plataforma marca moitos (non todos) dos erros lingüísticos. Polo demais, ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 18:51 (UTC)Responder
(Nota MAGHOI :) Pep, para que a plataforma che marque os erros ortográficos dos artigos, tes que ter activada a ferramenta nas túas preferencias, se non, non che aparece nada... (na caixa que che puxo enriba MAGHOI explícase como activala, é a ferramenta do revisor ortográfico, se non atopas onde hai que facelo avísanos e explicámoscho máis polo miúdo). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 19:54 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola PepTheVoyager. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2021 ás 22:27 (UTC)Responder