Benvido(a) á Galipedia, Paco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 19:34, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Gracias. Non o sabía.--Paco 20:03, 18 de decembro de 2011 (UTC)


Volta a Romandía editar

Ei Paco, ten coidado ó crear artigos. Tí creaches o artigo Volta a Romandía, pero xa existía outro chamado Tour de Romandía, así que convertín o teu artigo nunha redirección. Unha cousiña mais, tes que poñer as interwikis e as categorías nos artigos, cousa que creo que non fixeches en ningún artigo. Se tes dúbidas pregúntalle a calquera, non sexas tímido. Un saúdo. JonnyJonny 19:41, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Perfecto. Gracias. Tomo boa nota. Sobre os teus cambios mudei a categoría por ciclismo que xa estaba creada. Saúdos


Gracias. Tomo boa nota. Saúdos--Paco 20:43, 18 de decembro de 2011 (UTC)


Retoques editar

Paco, bótalle un ollo a estos retoques que fixen no artigo Clásica dos Portos. Engadín as interwikis, correxín a categoría, puxen en negro o título, e engadín unha referencia no apartado Ligazóns externas. É para que teñas un exemplo. Ánimo. Por certo, cando respondas a un usuario, faino na súa páxina de conversa, non na túa, senón o usuario pode que non se entere. JonnyJonny 20:40, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Respecto á licencia editar

Paco, cando traduzas da wiki noutro idioma cómpre deixar constancia nalgún sitio. Por exemplo no cadro Resumo: deste xeito: "Este artigo é unha tradución do homónimo (es:Escalada Ciclista a Montjuic) da Wikipedia en lingua castelá, publicado con licenza CC-BY-SA."

Saudiños. --. HombreDHojalata.conversa 00:01, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Por outra banda, ten en conta que as inclusión de referencias é primordial. Non as deixes atrás cando traduzas. --. HombreDHojalata.conversa 00:05, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Moi ben Paco, vexo segues a traballar no tema ciclista.

O que che comentaba antes da atribución das traducións: Na Wikipedia en galego non adoitamos facelo no propio artigo senón no cadro Resumo que aparece embaixo cando se está a editar.

Outra alternativa é facelo na páxina Conversa do propio artigo (exemplo), anque xa te digo que soemos empregar a primeira opción.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 20:17, 25 de decembro de 2011 (UTC)

Permíteme recomendarche que cando teñas tempo leas a guía de edición. --. HombreDHojalata.conversa 20:28, 25 de decembro de 2011 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)