Benvida editar

Benvido á Galipedia, José Guirao!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
  Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.    
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación  Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boas tardes. En primeiro lugar, quixera que non comezaras a túa andaina pola Galipedia ameazando a outros usuarios e que gardases un certo respecto polos demais. Estas accións poden considerarse unha violación das normas de conduta, que son parte das políticas oficialis da Wikipedia. A Wikipedia baséase na colaboración voluntaria, polo que é fundamental que as interaccións entre usuarios se fagan de forma educada e respectuosa.

Es un usuario novo, e algunhas das túas edicións recentes non son enciclopédicas e se as desfaigo non é para amolarte, senón por que hai unhas normas que tódolos usuarios debemos seguir. Por favor prégoche que as mires antes de seguir a editar. --Breogan2008 (conversa) 14 de xuño de 2018 ás 14:44 (UTC)Responder

Bloqueo editar

Ola, José Guirao. Fuches bloqueado durante un mes. O insulto é un inadmisible na Wikipedia[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de xuño de 2018 ás 15:22 (UTC)Responder

Asociación Galega de Consumidores e Usuarios editar

Boas José, non podes crear unha redirección de ACOUGA a un artigo que non existe, primeiro tes que crear o artigo e logo a redirección para que apunte a unha páxina real. Teño que borrar a redirección, en canto fagas o artigo, xa a podes crear de novo sen problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2018 ás 11:58 (UTC)Responder

Peixes editar

Ola, José Guirao. Estás a crear novos artigos de peixes sen apenas formato, con apreciacións persoais e non referenciadas e con moi pouco contido. Por favor, no canto de seguires creando novas entradas, concéntrate nas que xa hai e trata de amplialas consonte os criterios enciclopédicos xerais e os da Wikipedia en galego en particular. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de xullo de 2018 ás 12:20 (UTC)Responder

Aviso editar

Quedas bloqueado. Estás xogando co sistema e camuflando opinións ("Libertad Digital [...] creado para a desinformación e a manipulación naZionalista española) no contido dos artigos. --Atobar (conversa comigo) 18 de xullo de 2018 ás 10:29 (UTC)Responder

Modelo:Desbloquear editar

As opinións politicas,a partir de agora non as publico nunha enciclopedia,nunca máis o farei. O resto de edicións non son vandálicas,co cal desbloquéame,Atobar, que eu non merezo estar bloqueado. José Guirao (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 10:54 (UTC)Responder