Benvido(a) á Galipedia, Jojufe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Por favor, Jojufe, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2016 ás 21:21 (UTC)Responder

Grazas editar

Grazas, Estevoaei, pola info. Tentaremos expandir a galipedia!

un saúdo --Jojufe (conversa) 27 de xaneiro de 2016 ás 16:30 (UTC)Responder

Edición editar

Ola, Jojufe. Arranxei o artigo sobre a túa persoa consonte os criterios de formato que rexen na Wikipedia en galego. Aproveito a ocasión para, como xa che indica aí atrás o usuario Estevoaei, lembrarche que é mellor absterse de editar o artigo sobre un mesmo. A ese respecto, unhas das cousas que se din na entrada sobre o conflito de intereses na Wikipedia é esta: ... está completamente desaconsellado crear a autobiografía [...] Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. O descrito é un conflito de intereses, por favor, evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á páxina de conversa do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do espazo de debate da Galipedia.

Polo tanto, anímote a que no futuro edites outro tipo de artigos, e a que, no caso de veres algún erro no de teu, te poñas en contacto con calquera dos editores habituais ou na páxina de conversa do artigo mesmo. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de xaneiro de 2016 ás 13:08 (UTC)Responder

Grazas editar

Grazas, Atobar, polos consellos, que tentarei seguilos...a ver se podo contribuír á expansión da galipedia

un saúdo, --Jojufe (conversa) 27 de xaneiro de 2016 ás 16:26 (UTC)Responder