Benvido(a) á Galipedia, Javier Pérez Buján!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 23 de abril de 2014 ás 13:50 (UTC)Responder

Procedencia dos contidos editar

Ola Javier, benvido á Wikipedia en galego.

Por favor, podes indicar de onte tiraches os contidos engadidos ao artigo Laxeiro?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2014 ás 19:27 (UTC)Responder

Xa vexo. Atopo información de que es o Delegado Director Xerente da Fundación Laxeiro. Desculpa que che fixera a pregunta de antes. Era na liña de protexer os posibles dereitos de autoría (a edición semellaba un copia-pega). --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2014 ás 19:36 (UTC)Responder
Ola, os contidos son meus e primeiro escribinos en word para logo ir pegando e corrixindo parágrafos sobre os contidos anteriores, que tamén eran meus. Moitas grazas. 85.60.218.76 13 de abril de 2022 ás 08:19 (UTC)Responder

Formato editar

Ola, Javier; por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Ligazóns externas. Por norma, no corpo do texto non se inclúen enlaces a Wikipedias noutras linguas nin a páxinas externas, como Flickr. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de abril de 2022 ás 14:10 (UTC)Responder

Moitas grazas. Vexo que non se gardou ningún dos cambios que fixen onte, incluídas algunhas grallas como "alcuñando" que corrixín como "alcumado" e segue aperecendo a primeira palabra.
Grazas.
Javier Pérez Buján 85.60.218.76 13 de abril de 2022 ás 09:05 (UTC)Responder
Bos días. Quixera saber se cos meus contrasinais de acceso á wikipedia en galego podo tamén editar na wikipedia en castelán. ou se teño que obter outros contrasinais.
Atentamente
Javier Pérez Buján Javier Pérez Buján (conversa) 18 de abril de 2022 ás 11:26 (UTC)Responder
Ola, @Javier Pérez Buján:; a conta sérveche para editar tanto na Wikipedia en calquera lingua, como nos proxectos irmáns (Wikidata, Commons...). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de abril de 2022 ás 11:33 (UTC)Responder
Moitas grazas Javier Pérez Buján (conversa) 18 de abril de 2022 ás 12:08 (UTC)Responder
Moitas grazas, Fun bloqueado na wikidpedia en castelán por "conflicto de intereses" por ser director da Fundación Laxeiro. Preocúpame porque o texto actual é moi pobre e eu preparara un texto moi detallado, con actualización de bibiliografía en ligazóns. Non sei como podo solucionar a cuestión. Eu non estou interesado en ser o autor do artigo, pero si que estou interesado en que a información sobre Laxeiro sexa completa, veraz e actualizada e non sei que podo facer. Moitas grazas Javier Pérez Buján (conversa) 4 de maio de 2022 ás 12:24 (UTC)Responder