Benvido(a) á Galipedia, Ivan villalon!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 16:15 (UTC)Responder

Mecos FG Ogrobe editar

Boas Ivan villalon, desfixen as túas edicións no artigo Mecos FG Ogrobe, porque os artigos da galipedia deben ser neutrais e obxectivos, polo tanto non podes poñer no artigo a primeira persoa, nin afirmacións coma esta:

O camiño non foi doado pero o día 22 de decembro de 2012 por fin comezan os adestramentos

e moito menos poñer:

Esta paxina esta realizada polo presidente da entidade, quedan prohibidas as modificacions sen o permiso desta

A Galipedia é unha enciclopedia libre, pode modificala quen queira e os artigos non son propiedade de ninguén. Saúdos. --JaviP96 1 de febreiro de 2013 ás 16:42 (UTC)Responder

Por favor deixa de realizar eses cambios, polo que che expresei anteriormente. Saúdos --JaviP96 1 de febreiro de 2013 ás 16:48 (UTC).Responder

Se algo non che gusta dime como modificalo, pero non o borres porq eso e parte da historia, xa sei q e unha enciclopedia libre pero habera dereitos de autor digo eu non? Se non queres q vaia en 1º persoa poñollo en 3º e listo

Boas de novo, con respecto ao que acabas de comentar, a maioría do que incluiche é imparcial e non pode ser na wikipedia, se queres incluilo, habería que cambiar

5 de novembro de 2012 comezan a verse os primeiros bocexos Mecos. Tras contactos con xente do mundo gaélico decidímonos a crear un perfil de facebook con moi bos resultados e apoio popular. O día 24 de novembro decidese dar o paso da creación do equipo. O camiño non foi doado pero o día 22 de decembro de 2012 por fin comezan os adestramentos.

por

O 5 de novembro de 2012 comezou a xestarse a idea do equipo. O día 24 de novembro decídese dar o paso da creación do equipo, cun gran apoio popular, e o día 22 de decembro de 2012 comezaron os adestramentos.

e

O Clube Mecos FG Ogrobe nace pola teima e as ganas dun grupo de mozos mecos e de pobos veciños de practicar este deporte, darlle un novo empurrón no noso país, e continuar cun movemento iniciado polos Fillos de Breogán da Coruña e continuado polos Ártabros de Oleiros e os Irmandinhos da Estrada. Agardamos consolidarnos e a non moito tardar poder dicir que xa formamos parte desta pequena pero gran familia do fútbol gaélico na nosa terra. Dende os Mecos agardamos poder contribuír co noso pequeno gran de area a labor iniciada no seu día polos Fillos de Breogán e continuada tanto polos equipos que foron nacendo tras eles así como pola Selección Galega de Fútbol Gaélico.

por algo así

O Clube Mecos FG Ogrobe creárono un gupo de mozos da zona, co obxectivo de popularizar e extender o futbol gaélico entre a poboación galega.

.

Saúdos e espero que che axudase. --JaviP96 1 de febreiro de 2013 ás 17:03 (UTC)Responder

Ola de novo, mira o artigo Mecos FG Ogrobe, era así como querías que quedaran as cores da equipación titular?. Saúdos. --JaviP96 1 de febreiro de 2013 ás 17:24 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Ivan villalon. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Saúdos. --JaviP96 1 de febreiro de 2013 ás 17:12 (UTC)Responder

Ampliar editar

Ola Ivan villalon.

Poderías ampliar algo mais: Pontevedra FG, Bráithreachas, Compostela FG e Estrela Vermelha FG?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17 de agosto de 2014 ás 19:40 (UTC)Responder