Herbertjohnson
Benvido(a) á Galipedia, Herbertjohnson!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 17:13 (UTC)
Borrado
editarOa Herbertjohnson, tavez o borrado do artigo foi algo precipitado e sinto se che molestou. O artigo, ademais de ser pouco estenso, non aportaba fontes externas que apoiasen a relevancia do mesmo, e nunha busca pola internet non din atopado probas que indicasen a relevancia do grupo. Se podes aportar referencias ou fontes fiables que apoien a relevancia do artigo non habería ningún problema en reverter o borrado. Atentamente. --Beninho (conversa) 5 de xullo de 2013 ás 03:04 (UTC)
Borrado
editarEsquézao... Botando un ollo, vin que había artigos de similar relevancia, e ningunha referencia ou fonte que probe a súa "importancia". Supuxen que o meu podería ser válido. Mea Culpa.
Licenza de imaxe
editarBoas Herbert, vin que subiches o ficheiro da compañía de teatro A Catorce pero como autor figura Xosé Rivera, podes dicirme de onde colliches a imaxe para comprobar se a licenza é correcta? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 00:31 (UTC)
- Non te preocupes, a solicitude de borrado e a pregunta sobre a imaxe son cousas totalmente diferentes. Cando teña un pouco máis de tempo libre revisarei o da imaxe. Sobre o borrado podes comentar o teu parecer na páxina da votación, aquí, é unha páxina aberta á comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 10:37 (UTC)
- Non atopo a imaxe no facebook, pero de tódolos xeitos a imaxe non está ben porque ti non podes subir unha foto doutra persoa sen indicar dalgunha forma a licenza que esa persoa lle puxo á foto. Non vale que tal persoa che dixera tal ou cal, é preciso que haxa algunha forma de que a xente, calquera en calquera momento, poida verificar que a licenza é correcta. Nas wikipedias hai que ter moito tino coas licenzas das achegas que se fan porque todas teñen que ter unha licenza compatible coa do proxecto, Creative Commons-Atribución-Compartir Igual.
- En resumo, despois desta paliza :), o único que ten o dereito de indicar a licenza dunha foto é o autor, así que X. Rivera podería que publicar nalgún sitio esa foto, con esa resolución ou mellor, onde apareza claramente a licenza. Xa que X. Rivera ten a súa propia web unha forma sería que publicara alí a foto e que indicara a licenza da mesma. Outro sistema sería que el mesmo enviara un correo electrónico ó sistema de control de licenzas da Wikipedia indicando que esa imaxe é súa, e a licenza libre coa que a quere liberar, sería usando o Commons:OTRS (nesta páxina hai un modelo de correo electrónico no que o único que hai que facer é encher os datos da imaxe e pouco máis).
- Se isto non se pode resolver entón a imaxe terá que ser borrada porque nas Wikipedias non se permiten contidos que non sexan libres, ou que non se poidan verificar que o son.
- Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2015 ás 00:40 (UTC)
Conflito de itnereses
editarOla Herbertjohnson.
Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.
Grazas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2015 ás 05:54 (UTC)