Benvido(a) á Galipedia, Guldhammer!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 21:54, 10 xuño 2009 (UTC)

BenvidaEditar

Ola Guldhammer! Antes de nada benvida á galipedia, sempre é un pracer recibir achegas de usuarios de fóra do país que se interesan pola nosa lingua e o noso proxecto. Teño unha pequena dúbida: na túa páxina de usuaria dis que non redactaches ningún artigo, pero nas túas contribucións sae como que creaches varios artigos (Especial:Contribucións/Guldhammer). Se os fixeches ti entón tes un nivel lingüístico considerable (mellor ca min e todo). Pois máis nada, benvida. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:05, 10 xuño 2009 (UTC)

Lista de estreas de cine en lingua galegaEditar

Aquí tes a Lista de estreas de cine en lingua galega. O que apareza aí, tradúcese a galego, o que non, déixase na lingua orixinal do filme. O que non sei é se está actualizada, pero é bastante útil seca como for.--Atobar (conversa comigo) 10:11, 14 xuño 2009 (UTC)

RE: BabelEditar

Hai que crear os modelos correspondentes. Fágoo decontado eu mesmo e xa está solucionado. Grazas por dares o toque. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:49, 15 xuño 2009 (UTC)

BoteiroEditar

Guldhammer: Boteiro xa é un bot en toda regra[1]. Parabéns e que rule a gusto. --Atobar (conversa comigo) 22:52, 22 de xuño de 2010 (UTC)

GaliencontroEditar

Mira esta crónica, vótalle un vistazo por si queres poñer algún chiste... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:13, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Puxen as fotos que non sairon movidas en Categoría:Imaxes de galipedistas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:44, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixeEditar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Karen Guldhammer Skov.jpg




Ola Guldhammer, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.. HombreDHojalata.conversa 16:44, 26 de xuño de 2011 (UTC)

Imaxe para o décimo aniversario da GalipediaEditar

 
Para unha camiseta.
 
Para o resto.

Boas Karen! :) Supoño que xa sabes que andamos preparando o décimo aniversario da Galipedia e como es a única deseñadora que coñezo no proxecto quería saber se poderías votarnos unha man cunhas cousiñas. Temos dúas imaxes, unha para poñer nunha camiseta e outra para poñer nunha tarta ou en carteis. A imaxe do tío Sam non convence de todo, e a outra é moi simplona, animaríaste a facer outras imaxes diferentes para propor á comunidade? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 00:46 (UTC)

gl:Wikipedia:Bots/Peticións de aprobaciónEditar

Ola Guldhammer.

Comunícoche que, debido a túa inactividade como bot, propúxose a revogación do teus status como tal.

Podes ver a votación en: gl:Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación.

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2013 ás 19:38 (UTC)