Benvido(a) á Galipedia, Grela!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.-- AlberteSi, digame? 17:45, 3 setembro 2007 (UTC)

Mosteiros, conventos, igrexas editar

Ola benvida, desculpa pola redireción non foi malintencionada. Encantariame que lle botases unha ollada a proposta de categorización de Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Patrimonio histórico e artístico de Galicia e saber que opinas. Tamén lle podes votar unha ollada a outros artigos de mosteiros e conventos. A verade é que non existe ningunha norma sobre o termo a empregar para artigos de igrexas ou mosteiros. Eu no de mosteiros optei por falar de Mosteiro de Santa María de Aciveiro... No tema das igrexas incluindo aquelas que foran igrexas monacales nalgún momento pero non conservaran máis que a igrexa clasificabaas só na Category:igrexas de Galicia. Cando ti incluiches a editada por ti en mosteiros dinme conta que era ben certo, xa que a tipoloxía das igrexas monacais ten tipoloxías determinadas polo que optei por incluir no artigo Mosteiros e conventos de Galicia estas igrexas monacais.

No canto a denominar as igrexas podes ver que hai varias formas as usadas, o ideal, creo eu, sería ter unha sóa para homoxeneizar a información:

  • O nome do santo de advocación e o lugar como: San Pedro de Ansemil. Eu creo que esta non é unha boa opción sobre todo se se trata dunha igrexa parroquial xa que podería confundirse co nome da parroquia.

Eu creo que a mellor opción é aquela que aporte máis datos informativos, xa que a parte de informar evitan o que pode ocorrer co caso dos Conventos, cantos conventos de San Francisco hai só en Galicia?

Non sei, gustaríame saber a túa opinión.

Parabéns polo artigo e as imaxes e desculpa de novo. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 18:42, 3 setembro 2007 (UTC)

Re: Igrexa editar

Ola, o que eu diga é só unha opinión máis, o importante é que a información sexa o máis asequible posible e agora se buscas por Igrexa de San Xulián de Moraime, por Mosteiro de San Xulián de Moraime ou San Xulián de Moraime a procura levarache ao artigo feito por ti. Eu creo que iso é o importante. O resto son opinións, a categoría que che mencionei non é unha categoría oficial está en fase de discusión (por iso che sinalei que podías opinar, cantas máis opinións mellor), non existe unha normativa aprobada con respcto a homoxeneizar os nomes das igrexas ou mosteiros (e non se está a discutir polo momento, só eu estiven homoxeneizando títulos de artigos pola miña conta) polo que nadie pode impoñer unha opción.

En definitiva, por min non hai inconvinte ningún en que quede así ou que o modifiques, ti eres quen o creaches polo que a eleción da alternativa é túa. O que decidas ben feito estará. Grazas polo teu tempo e un saúdo. P.D. Espero verte a miúdo por aquí. Lansbricae (Ti dirás) 14:29, 4 setembro 2007 (UTC)

intrewikis editar

Ola, estaba vendo que estás a facer un traballo magnífico traducindo artigos de bioloxía da wiki es, pero esqueces porlle o interwiki a española, iso só é na listaxe de wikis que aparece ao final tes que poñer es:título que na wiki es ten o artigo que traduciches e xa terías feito o interwiki. Un saúdo e segue a facer o traballo que estás a facer. Alma 10:23, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Esquecérame de decirche unha cousa se en lugar de poñer traducido da wiki es pos na caixa de resumo:traducido da wiki:[[es:título do artigo orixinal na wiki es]] e así cando alguén mire o historial pode acceder a ese artigo para comprobar novas actualizacións, referencias, non é que o estiveses a facer mal, é que así está moito máis completo, ;). Alma 10:36, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Lo de nowiki foi para que o viras, só tes que poñelo igual que na primeira mensaxe, síntoo, foi culpa miña. Alma 10:44, 6 outubro 2007 (UTC)

Posible violación de dereitos de autoría en Felipe Criado Martín editar

Ola, Grela, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Felipe Criado Martín, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 17:32 (UTC)Responder

Ola Grela. Si, para que poida manterse na Wikipedia (tanto aquí como na wiki en español) cómpre revisar e modificar o texto para que non sexa unha copia literal do texto desas dúas fontes, que non obstante si poden empregarse como referencias e citas.
Como indica a política de verificabilidade:
Cómpre ter tino para evitar o plaxio e as infraccions dos dereitos de autoría ao utilizar as fontes. A mellor práctica é resumir o material da fonte coas súas propias palabras tanto como sexa posible; ao parafrasear unha fonte empregar unha cita en liña co texto; e facer calquera recoñecemento no propio texto cando sexa oportuno.
A mellor forma para arranxalo é expresar en palabras propias a información das fontes, resumindo e parafraseando cunha redacción propia.
Xa que o artigo aquí é unha tradución do artigo na wikipedia en castelán, recomendaríache que fixeses alí primeiro as modificacións pertinentes ata que se determine válido e suficientemente diferente do texto desas dúas fontes, para posteriormente adaptalo e traducilo ó galego neste proxecto dende un estado inicial válido. Banjo tell me 12 de decembro de 2016 ás 11:37 (UTC)Responder