Benvido(a) á Galipedia, Frumosul!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 14:19, 2 abril 2008 (UTC)

Borrado de personalidades editar

Moi bo traballo o que está facendo ao arranxar as personalidades importantes dos concellos. Pero, por favor, non borre as ligazóns en vermello. Aínda non teñen páxina, pero están tiradas das webs dos concellos correspondentes. Grazas.--Xas (fálame) 19:58, 2 abril 2008 (UTC)

traducións editar

ola Frumosul!!

ó traducir un artigo desde outra wiki, debe indicarse no resumo do cambio (por exemplo: "traducido de es:Tomás Reñones");

ademais, para que un artigo fique vencellado ó mesmo artigo doutra wiki, debe poñerse unha interwiki (por exemplo: es:Tomás Reñones), e no artigo en castelán, pór unha interwiki ó artigo en galego (gl:Tomás Reñones Crego); como neste caso o artigo está en máis wikis, tamén convén pór a interwiki ó inglés, e pór na wiki inglesa o vencello á galega.

ó principio é un cristo, pero despois xa lle vas pillando o truco e é mecánico.

parabéns pola labor de traducir ó galego os artigos de xente galega.

para calquera cousa, consulta con calquera usuario ou cos adminstradores. Ánimo! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:49, 2 abril 2008 (UTC)

Categorías editar

Ola, Frumosul, que tal? Déixoche esta mensaxe para lembrarche de incluír os artigos que escribes nas categorías correspondentes. Para calquera dúbida que teñas, non dubides en consultarme a min ou a calquera outro usuario. --Xabier Cid 21:55, 2 abril 2008 (UTC)

Moi ben!! :) Un detalliño máis: non é necesaria a categoría militares, se xa temos militares galegos. Pouco a pouco irás sabendo destes detalliños. Non te agobies, ok? :) --Xabier Cid 22:34, 2 abril 2008 (UTC)

+ consellos editar

ola, Frumosul!!

como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas, títulos de series e libros, e as aspas para as cancións, poemas...

non sei se sabes xa como pór un texto en cursiva e en negriña e mesmo en cursiva e negriña á vez. Vai en función do número de barriñas que poñas antes e despois do texto.

Parabéns de novo polo bo cholliño. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:05, 3 abril 2008 (UTC)

Moitas grazas a todos editar

Aínda estou a afacerme co funcionamento da Galipedia, así que agradezo que me axudedes para que pouco a pouco o faga mellor.

Creo que é moi importante coñecer a grande cantidade de personaxes de sona que deu Galicia en tólolos eidos: cinema, espectáculo, periodismo, investigación, empresa, etc. É un labor algo tedioso pero gratificante, eu estou aprendendo un montón!!

De novo, grazas a todos pola axuda.